Illa Melville, Australia
| Illa Melville | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Milikapiti |
| País | Australia |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | Illas Tiwi |
| Linguas | |
| Poboación (2010) | 1.030 hab. |
| Superficie | 5.786 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 11°33′S 130°56′E / 11.55°S 130.933°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
![]() |
|
Illa de Melville atópase no leste do Mar de Timor, na costa do Territorio do Norte en Australia. É ao oeste da Península de Cobourg na Terra de Arnhem e ao norte de Darwin.
A maior comunidade / cidade da illa é Milikapiti, poboación 559 habitantes. A segunda aldea é Pirlangimpi (Pularumpi, antigo Garden Point), poboación 440, a 27 km ao oeste de Milipakpiti, na costa oeste da illa de Melville. Ao redor de 30 persoas máis viven en cinco outstation (asetamentos aboríxenes) familiares.
Con 5.786 km² é a segunda illa máis grande de Australia, logo de Tasmania (e con exclusión da masa continental). Tamén é coñecida no idioma Tiwi como Yermalner. Só a 55 m. ao sur do seu extremo sur está a illa Irrititu, cunha superficie de 1´7 km².
Xuntas, a Illa Melville e a Illa Bathurst son coñecidas como as Illas Tiwi.
Dise que o primeiro europeo en avistar a illa foi Abel Tasman en 1644, aínda que isto e discutible. O máis probable é que a illa Melville fora descuberta polos portugueses, Aboríxenes atopados polo explorador Phillip Parker King (fillo do gobernador de Nova Gales do Sur Philip Gidley King) en 1818, sabían algunhas palabras en portugués.
Foi chamda así en honra a Robert Dundas, 2º Vizconde de Melville, Primeiro Lord do Almirantado entre 1812-27, tamén leva o seu nome a máis grande Illa Melville en Canadá no Ártico. Pouco despois, os británicos fixeron o primeiro intento de establecerse na costa norte de Australia, en Fort Dundas, que fracasou ao poco tempo.
O clima é tropical.
