Illa Bathurst, Australia
| Illa Bathurst | |
|---|---|
| Localización | |
![]() |
|
| Datos | |
| Poboación principal | Wurrumiyanga (1582 hab.) |
| País | Australia |
| Estado | Territorio do Norte |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | Illas Tiwi |
| Linguas | |
| Poboación | 1.640 hab. |
| Superficie | 2,600 km² |
| Densidade | 0.63 hab/km2 |
| Coordenadas | 11°35′S 130°18′E / 11.583°S 130.3°E |
Illa Bathurst é unha das Illas Tiwi xunto coa Illa Melville, que se atopa no leste do Mar de Timor, na costa do Territorio do Norte en Australia. Sitúase tamén ó oeste da Terra de Arnhem e ó norte de Darwin.
O principal asentamento da illa é Wurrumiyanga (coñecida como Nguiu até o 2010), que concentra a práctica totalidade dos habitantes e se atopa no sueste. A segunda vila é Wurakuwu que conta con preto de 50 habitantes.
Ó igual que a súa veciña, a Illa Melville, Barthust é o fogar do pobo Tiwi, que constitúe a meirande parte da poboación de ámbalas dúas illas. Nos últimos anos, Barthust converteuse nun lugar de interese turístico debido á posta en valor da cultura Tiwi, mais fai falla un permiso especial para visitala. A illa está comunicada cun aeroporto.
