Illa Maupiti
| Maupiti | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Maupiti |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 1.248 hab. |
| Superficie | 11 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | 6 |
| Coordenadas | 16°25′S 152°15′W / 16.417°S 152.25°WCoordenadas: 16°25′S 152°15′W / 16.417°S 152.25°W |
| Maior Altura | 380 m. Monte Teurafaatui |
| Localización | |
Maupiti é unha das illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. É a illa volcánica máis occidental do arquipélago, a 40 km ao oeste de Bora Bora.
Maupiti consiste nunha illa de 380 m de altitude que se atopa no medio dunha lagoa rodeada por cinco illotes baixos e uns escollos de coral (animal) e aberta ao océano por dous pasos navegables. A superficie terrestre é de 11 km².
A vila principal é Vaiea, cunha poboación total de 1.248 habitantes no censo do 2007. A actividade principal é o cultivo de sandías e a recolección de copra. O templo protestante é o centro relixioso e social da illa, aínda que os adventistas e os mormons teñen tamén os seus lugares de culto.
Atópanse vestixios arqueolóxicos datados ao redor do ano 850 dC. Trátase de petróglifos representando tartarugas, anzois e colgantes de dentes de cachalote que son comparables aos atopados en Nova Celandia, pero anteriores. O primeiro europeo que a viu foi o neerlandés Jacob Roggeveen en 1722. Historicamente a illa tivo unhas relacións estreitas con Bora Bora. Ao principio do século XIX quedou baixo a soberanía do gran xefe de Bora Bora. En 1877 entrou en conflito coa illa veciña por litixios sobre o atolón Manuae, e pediu o protectorado francés.
Historicamente coñecíase co nome de Maurua, e Domingo Boenechea en 1775, chamouna San Antonio.