Atol Bora Bora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bora Bora»)
Bora Bora
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas da Sociedade
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°29′40″S 151°44′11″O / -16.49444, -151.73639
Xeografía
XeoloxíaAtol
Superficie29´3 km²
Punto máis alto727 m. Mount Otemanu
Demografía
CapitalVaitape
Poboación8.880[1] (2007)
Densidade300 hab./km²

Bora Bora é un atol de 30 km² no grupo das Illas de Sotavento na parte occidental das Illas da Sociedade na Polinesia Francesa, unha colectividade de ultramar de Francia no océano Pacífico. A illa, situada a uns 230 km. ao noroeste de Papeete, está rodeada por un lago e unha Barreira de Coral. No centro da illa atópanse os restos dun volcán extinto con dous picos, o monte Pahia e o monte Otemanu, o punto máis alto con 727 m..

Bora Bora é un importante destino turístico internacional, famosa polos seus resorts de luxo. O asentamento máis importante, Vaitape, está no lado occidental da illa principal, fronte á canle principal na lagoa. Os produtos da illa limítase principalmente ao que pode ser obtido do mar e as abundantes árbores de coco, que historicamente tiñan grande importancia económica pola copra. De acordo co censo de 2007, Bora Bora ten unha poboación permanente de 8.880 habitantes.

Nome[editar | editar a fonte]

Na antigüidade a illa chamábase "Pora pora mai te pora", que significa "creado polos deuses" no dialecto local tahitiano. Isto se abrevia a miúdo como Pora Pora que significa simplemente primoxénito. Debido ás ambigüedades dos fonemas da lingua tahitiana, isto tamén podería ser pronunciado Bóla Bóla ou Bora Bora.[2] Cando o explorador Jakob Roggeveen descubriu a illa, el e o seu equipo adoptou o nome de Bora Bora que se mantivo desde entón.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A raíña Teriimaevarua III e as súas damas de honor, c. 1899

Os polinesios instaláronse probablemente no século IV. O antigo nome de Vava'u suxire que proviñan do arquipélago do mesmo nome nas Tonga. Foi avistada polo neerlandés Jacob Roggeveen en 1722, e logo polo francés Louis Antoine de Bougainville e explorada polo inglés James Cook, quen desembarcou nela en 1770. En 1775 o español Domingo Boenechea chamouna «San Pedro». Os habitantes guerreiros eran temidos nas illas veciñas e os seus xefes mantiveron a independencia ata a anexión por Francia en 1881. Antes, en 1842, estableceuse o protectorado francés.

A Sociedade Misionera de Londres chegou en 1820 e fundou unha igrexa protestante en 1890. Bora Bora foi un reino independente ata 1888 cando a súa última raíña Teriimaevarua III viuse obrigado a abdicar polos franceses que anexionaron a illa.

Na segunda guerra mundial a illa foi elixida polos EUA como base de subministración do Pacífico sur. En 1942 desembarcaron 5.000 soldados, superando a poboación insular, e construíron un aeroporto no Motu Mate, defensas de artillaría e depósitos de combustible. Non se produciu ningún combate en Bora Bora, e a base foi pechada en 1946 ante as queixas pola presenza norteamericana. Algúns soldados tiveron que ser repatriados á forza. O aeroporto militar foi o único aeroporto internacional da Polinesia Francesa ata a construción do de Faa'a en Tahití en 1962.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Bora Bora é unha illa pequena de 38 km². Está formada por unha montaña basáltica de 727 m. no monte Otemanu, que significa "paxaro". A montaña está rodeada dunha lagoa protexida por un longo anel coralino con illotes de area (Tevairoa, Motu One, Motu Mute, Motu Piti Aau) só rotos polo paso de Teavanui. A vila principal, Vaitape, está fronte ao paso de Teavanui. No illote de Motu Mute atópase o aeroporto, a 20 minutos en barco desde Vaitape.

A illa é produto de erupcións volcánicas de hai catro millóns de anos. Foise derrubando lentamente mentres foi crecendo ao seu redor o arrecife coralino. A miúdo ponse como exemplo do proceso de formación dos atois. Hoxe en día ten tanto as características dunha illa volcánica como dun atol a medio formar.

Clima[editar | editar a fonte]

Os meses de novembro a abril son cálidos e húmidos con moitos días soleados. Os meses de xuño a outubro son algo máis frescos e secos debido aos ventos alisios.

Poboación[editar | editar a fonte]

En 2002 a poboación era de 7.295 habitantes distribuídos en tres comunas asociadas: Ide, Faanui e Nunue. A vila principal é Vaitape.

Son linguas oficiais o francés e o tahitiano, tamén chamado "reo mā’ohi". O inglés tamén se fala amplamente.

Economía[editar | editar a fonte]

Os produtos da illa limítanse á pesca e aos cocos. Hoxe a economía baséase no sector turístico, sobre todo dos EUA e do Xapón. Entre outras actividades pódese facer submarinismo na lagoa, onde hai quenllas e raias.

Comuna de Bora-Bora[editar | editar a fonte]

Localización da comuna (en vermello) dentro das Illas de Sotavento
Localización da comuna (en vermello) dentro das Illas de Sotavento

A comuna de Bora-Bora componse da illa de Bora Bora cos illotes do seu perímetro que saen dos arrecifes de coral, 29´3 km² en total, e do atol de Tupai (11 km²), que se atopa 20 km ao norte de Bora Bora. O atol de Tupai non ten poboación permanente, agás duns 50 traballadores nas plantacións de coco. A poboación total era de 8927 habitantes en 2007, cunha superficie de 40´3 km² en total.

Os illotes dos arredores inclúen: Motu Tapu, Motu Ahuna, Tevairoa, Motu Tane, Motu Mute, Motu Tufari, Motu Pitiaau, Sofitel Motu, Motu Toopua, e Toopuaiti.

Administración[editar | editar a fonte]

A comuna atópase na subdivisión administrativa de Illas de Sotavento e consiste nos seguintes municipios asociados:

O centro administrativo da comuna é o asentamento de Vaitape, na illa de Bora Bora. A illa é administrativamente parte da comuna (municipio) de Bora-Bora, na subdivisión administrativa das illas de sotavento. O Presidente da Polinesia Francesa Édouard Fritch é o actual alcalde de Bora Bora, ademais de ser o Presidente.[4]Modelo:Update inline

Turismo[editar | editar a fonte]

Bora Bora Pearl Beach Resort

Hoxe en día a economía da illa é impulsada case exclusivamente polo turismo. Nos últimos anos construíronse varios resorts sobre os motus (pequenas illas, de Tahití) que rodean a lagoa. O Hotel Bora Bora abriu en 1961, e nove anos máis tarde construíronse os primeiros Bungalows sobre pilotes na lagoa.[5] Hoxe en día, os bungalows sobre a auga son unha característica estándar da maioría dos resorts de Bora Bora. A calidade dos bungalows esténdese desde o aloxamento básico, comparativamente barato a lugares moi luxosos e caros para quedar.

A maioría dos destinos turísticos están centrados na auga, con todo, é posible visitar lugares de interese na terra, tales como canóns da segunda guerra mundial. Air Tahiti ten cinco ou seis voos diarios ao Aeroporto de Bora Bora no Motu Mute con Tahití (así como con outras illas). A illa esta servida polo aeroporto en Bora Bora no Motu Mute no norte, con Air Tahiti proporcionando voos diarios cara a e desde Papeete en Tahití.

O transporte público na illa é inexistente, os coches e bicicletas de alugueiro son os métodos recomendados de transporte. Tamén hai pequenos, buggies de dúas prazas de alugueiro en Vaitape. É posible alugar lanchas para explorar a lagoa.

O snorkel e o mergullo en e ao redor da lagoa de Bora Bora son actividades populares. Moitas especies de quenllas e raias habitan na masa de auga circundante. Hai operadores de mergullo na illa que ofrecen inmersións para ver manta raias e tamén inmersións para alimentar quenllas.

Ademais das illas de Bora Bora existentes, engadiuse un novo motu artificial o motu Marfo na esquina nordés da lagoa propiedade do St. Regis Resort.[6]

Unha imaxe panorámica de Bora Bora, Polinesia Francesa

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Bora-Bora
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 30,2 30,8 30,5 30,3 29,5 28,6 28,1 28,1 28,6 29,1 29,4 29,6 29,3
Media mínima en °C 25,1 25,3 25,5 25,5 25,1 24,2 23,8 23,8 24,0 24,3 24,6 24,8 24,7
Chuvia media mm 268,7 233,2 176,9 182,7 129,8 98,2 83,3 59,7 65,5 99,8 203,7 280,6 1 882,1
Media de horas de sol mensuais 201,1 202,6 239,4 219,8 224,1 224,5 231,8 248,4 241,0 230,5 217,7 207,0 2 687,9
Fonte: NOAA[7]

As maiorías das choivas preséntanse durante os meses de verán (novembro a abril) e acompáñanse dunha alta humidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Population of the commune of Bora-Bora minus about 50 workers living in the coconut plantations on the atoll of Tupai.
  2. Garanger, Jose; Robineau, Claude (1970). Bora-Bora: English Version. Nouvelles Editions Latines. p. 11. 
  3. Woods, Michael; Woods, Mary B. (2009). Seven Natural Wonders of Australia and Oceania. Twenty-First Century Books. p. 58. ISBN 978-0822590743. 
  4. "President of French Polynesia steps down". The Australian. 8 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2009. Consultado o 12 February 2009. 
  5. "Complete Reconstruction Scheduled for Hotel Bora Bora". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 2015-02-15. 
  6. "The St. Regis Bora Bora Resort". boraboraallinclusiveguide.com. Consultado o 22 de agosto de 2014. 
  7. "Bora-Bora Motu Climate Normals 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 12 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]