Illa James Ross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa James Ross
Vista da illa
James Ross Island captured by NASA photographer James Ross.jpg
Datos
Capital
País Antártida
Localización Océano Antártico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2010) Deshabitada
Superficie 2.598 km²
Densidade
Coordenadas 64°10′S 57°45′W / 64.167°S 57.750°W / -64.167; -57.750
Maior Altura 1.630 m. Monte Haddington
Localización
Mapa da Terra de Graham que mostra a illa James Ross (2).1  Península Antàrtica, 3 illa de Urville, 4 illa Joinville, 5 illa Dundee, 6 illa Snow Hill, 7 illa Vega, 8 illa Seymour, 9 illa Andersson, 10 Illa Paulet, 11 illa Lockyer, 12 illa Eagle, 13 illa Jonassen, 14 illa Bransfield, 15 illa Astrolabe, 16 illa de ZigZag

A illa James Ross é unha illa grande no lado sueste e cerca do extremo nordés da península Antártica, da cal está separada pola canle do Príncipe Gustav.

A elevación máxima é de 1.630 m, ten forma irregular e unhas 64 km. de norte a sur. Foi cartografiada en outubro de 1903 pola Expedición Sueca á Antártida baixo a dirección de Otto Nordenskjöld. El chamouna así en honra a Sir James Clark Ross, o líder da expedición británica a esta área en 1842, quen descubriu e fixo unha trazado aproximado da costa este de a illa. O nome da illa James Ross é usado para evitar a confusión coa illa Ross do estreito de McMurdo.

A primeira Base Polar Checa da Antártida está localizada na illa.

Ósos conxelados[editar | editar a fonte]

O primeiro dinosauro descuberto na Antártida era o Antarctopelta oliveroi, é un Ankylosauria de tamaño mediano atopado sobre a illa James Ross polos xeólogos arxentinos Eduardo Olivero e Roberto Scasso en 1986. O dinosauro foi recuperado do Campaniano, unha época do Cretácico superior na Formación Santa Maria, aproximadamente a 2 km ao sur da ensenada Santa Marta, sobre a párte norte da illa. O ankylosaur formalmente non foi chamado así ata o 2006.

En decembro de 2003, o paleontólogo estadounidense Judd Case do Colexio Santa María de California e o xeólogo estadounidense James Martin da Escola de Minas e Tecnoloxía de Dakota do Sur descubriron os ósos dun Theropoda na illa. Alcumado Naze logo de ser atopado no norte da península Naze, na cal foi atopado. Os restos son do Cretácico superior, inclúen unha mandíbula superior e dentes, e a maior parte das pernas inferiores e pés. Está dispoñible pouca información, pero a forma da perna e os pés indican era un corredor, e o tamaño indica que probablemente media 1'8 m de alto cun peso aproximado de 135 quilogramos. Este é o segundo Theropoda Antártico descuberto, despois do Cryolophosaurus.

Reclamacións territoriais[editar | editar a fonte]

A Arxentina inclúe á illa no Departamento Antártida Arxentina dentro da Provincia de Terra do Lume, Antártida e Illas do Atlántico Sur; para Chile forma parte da Comuna Antártica da Provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena; e para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico. As tres reclamacións están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.

Nomenclatura dos países reclamantes:

  • Arxentina: illa James Ross
  • Chile: illa Ross
  • Reino Unido: James Ross Island