Ilex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xénero Ilex
O acivro (Ilex aquifolium)
O acivro (Ilex aquifolium)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Aquifoliales
Familia: Aquifoliaceae
Xénero: Ilex
L.
Especies

Véxase no texto

Ilex é un xénero cunhas 400 especies aceptadas, das máis de 1000 descritas, formado por árbores e arbustos comunmente coñecidos coma acivros. É un dos tres xéneros da familia, os outros dous son Nemopanthus (con 3 especies) e Prinos (monoespecífico), malia a APG[1] admite un só xénero: Ilex. A maior diversidade de especies dáse nas rexións achegadas aos trópicos, onde tamén se atopan as maiores densidades de acevedos. En Galiza atopamos unha soa especie deste xénero: o acivro común ou xardón.

Ten grande importancia no xénero a especie Ilex paraguariensis, coñecida coma herba mate, de cuxas follas faise unha coñecida infusión en América do Sur.

Descrición[editar | editar a fonte]

Follas e froitos do acivro europeo (Ilex aquifolium).

Son arbustos e árbores que acadan de 2 a 25 metros de altura. As follas son simples e poden ser persistentes ou caedizas, son enteiras, finamente ou pronunciadamente dentadas e espiñentas. Con flores masculinas e femininas en distintas plantas, aínda que hai excepcións. O froito é unha baga, xeneralmente vermella cunha a dez sementes. O máis rechamangueiro son, de feito, os seus froitos, mais as súas flores son as que os identifican máis facilmente.

Normalmente son plantas dioicas, é dicir, que debe atoparse polo menos un individuo masculino por cada tres femininos a fin que podan producir froitos. Porén, algunhas especies producen froitos partenoxeneticamente, tal como o cultivar 'Nellie Stevens R.'.

Ilex anomala
Ilex cassine
Ilex crenata

Propiedades[editar | editar a fonte]

As bagas, que xeralmente son suavemente tóxicas, poden causar vómitos ou diarreas ao seren inxeridas polos humanos. Con todo, as propiedades velenosas para os humanos téñense esaxerado e as mortes por envelenamiento son case descoñecidas. As sementes de Ilex aquifolia poden ser mortais para os cativos se as toman en gran cantidade, cousa pouco probábel por mor do seu desagradábel sabor. De 20 a 30 bagas vermellas son consideradas letais para un humano adulto.

Porén é un alimento moi importante para os paxaros e outros animais salvaxes, pois polo inverno é unha importante fonte de alimento e acubillo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ilex aquifolium variegado, común en xardinaxe.

O xénero inclúe arredor dunhas 400 especies, divididas en tres subxéneros:

  • Subxénero Byronia, coa especie tipo Ilex polypyrena;
  • Subxénero Prinos, cunha especie aceptada, considerado por autores coma xénero;
  • Subxénero Ilex, co resto das 400 especies.

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 125. 1753.[2] A especie tipo é: Ilex aquifolium L.

Etimoloxía

Antigamente, o nome de acivro dábase unicamente á especie europea (Ilex aquifolium), porén moitos representantes do xénero son denominados tamén de acivros por mor da súa evidente semellanza.
O nome botánico "ilex", era o nombre designado en latín para unha especie de Quercus (Quercus ilex) comunmente chamada en galego de aciñeira, que ten unha follaxe semellante á do acivro europeo, e ocasionalmente se confunde con el.[3]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]