INTEGRAL (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
INTEGRAL
Tipo Observatorio espacial
Organización ESA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 17 de outubro de 2002[1][2][3]
Foguete portador Proton[2][4]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Baikonur[2][5]
Obxectivo da misión Observación astronómica en raios gamma.[2][5]
NSSDC ID 2002-048A
Masa 3500 kg[4][4][5]
Dimensións 3 x 4 x 5 metros sen os paneis solares extendidos.[2][4]
Potencia 690 vatios[2]
Semieixo maior 87.718,9 km[1]
Inclinación 70,7 graos[1]
Apoapse 159.532,9 km[1]
Periapse 3163,0 km[1]

INTEGRAL (acrónimo de International Gamma-Ray Astrophysics Laboratory) é un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de outubro de 2002 mediante un foguete Proton desde o cosmódromo de Baikonur.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

O obxectivo de INTEGRAL é facer observacións astronómicas nas lonxitudes de onda dos raios gamma, a enerxías de entre 15 keV e 10 MeV.[2][4]

O satélite estabilízase nos tres eixos e ten unhas dimensións duns 3 x 4 x 5 metros sen os paneis solares extendidos. Os datos científicos transmítense a través dun enlace en banda S a unha velocidade de 86 kbps a dúas estacións terrestres, unha en Redu (Bélxica) e outra en Goldstone (Estados Unidos).[2][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

INTEGRAL leva catro instrumentos científicos a bordo:[2][4]

  • SPI: é un espectrómetro de raios gamma que traballa entre o 20 keV e os 8 MeV.[2][4]
  • IBIS: trátase dunha cámara de raios gamma que traballa no rango entre 15 keV e 10 MeV.[2][4]
  • JEM-X: monitor de raios X para o rango entre 3 e 35 keV.[2][4]
  • OMC: é unha cámara óptica que funciona a unha lonxitude de onda de 550 nanómetros.[2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "INTEGRAL" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=27540. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 "INTEGRAL" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2002-048A. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  3. "Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87784(E)): 5. 9 de setembro de 2003. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1219.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 "Integral" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/integral.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  5. 5,0 5,1 5,2 "Integral" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/integral.htm. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]