Historia do manga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para a definición xeral, ver manga

書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Orixe[editar | editar a fonte]

O manga procede de Xapón. O manga é considerado unha arte xa que se ven practicando desde hai algo máis de dous séculos. O termo manga foi acuñado por Hokusai, unha das principais figuras do gravado tradicional xaponés. Porén, aínda que esta forma artística é precursora, non se pode considerar propiamente banda deseñada xa que non comparte as bases fundamentais do medio.

Cando comezou a era Meiji, os artistas europeos marabillábanse dos gravados xaponeses, os ukiyo-e, grazas á exótica beleza que transmitía e á súa forma tan diferente de codificar e reinterpretar a realidade. Con iso e o efecto *texto perdido por vandalismo* , os inicios do manga moderno debéronse non só ao esteticismo na arte do período Edo, senón ás influencias europeas, e máis tarde estadounidenses: sobre todo, coa introdución das técnicas do cómic.

Durante o século XIX, en plena transición da era feudal á industrializada, foron Charles Wirgman e George Bigot (ámbolos dous críticos da sociedade xaponesa de aquel tempo), quen sentaron as bases para o desenvolvemento ulterior do manga. Ambas personalidades foron e aínda continúan a ser admirados polos mangakas (termo xaponés para debuxante de banda deseñada), debido á súa trascendencia no debuxo viñetístico xaponés.

Ao chegar o século XX, xurdiron os precursores do manga actual, en mans dos propios japoneses como Ippei Okomoto, Kiyochika Kayashi y Rakuten Kitazawa. Todos eles oficiaron de pioneros, difundindo a súa obra a través de publicacións como Tokyo Puck (1905). Non obstante, considérase a Tagosaku to Mokube na Tokyo Kenbutsu 『田吾作と杢兵衛の東京見物』 como o primeiro manga da era moderna.

O manga ata 1945[editar | editar a fonte]

Coa expansión da influencia cultural europea no Xapón, o manga moderno foi tomando vida a medida que se introducían técnicas de debuxo e viñetado. Isto levou a unha produción lenta pero segura por parte de autores como Kitazawa, Ichiro Suzuki e Takeo Nagamatsu.

Os anos 1920 e 1930 foron moi auspiciosos, coa aparición de xéneros como o Kodomo (manga para nens). Tamén as publicacións se foron perfeccionando en obras destacadas como Nagagatsu no Sanjushi, Speed Taro e Ogon Bat (este último, o primeiro superheroe). Simultaneamente, desde 1915 foron feitos os primeros ensaios para o paso da banda deseñada á animación, o que máis tarde derivaría no xurdimento da forte industria xaponesa do anime (debuxos animados en xaponés).

Ao chegar a Segunda Guerra Mundial, coa proliferación de políticas militaristas, o manga comezou a verse influenciado polos relatos bélicos, que mostraban personaxes perfectos e invencibles. Utilizouse a banda deseñada con fins propagandísticos ata 1945, cando as autoridades estadounidenses de ocupación prohibiron de maneira xeralizada este tipo de publicacións.

Nacemento do manga moderno e consolidación da industria: A aparición de Osamu Tezuka[editar | editar a fonte]

Coa rendición incondicional en 1945, o Xapón entraría nunha nova era. O entretemento xurdiu como industria respondendo á necesidade psicolóxica de evasión ante a crúa posguerra. A falta de recursos da poboación en xeral requiría de medios baratos de entretemento.

Deste xeito, a industria tokiota de mangas baseados en revistas viu xurdir competidores. Produto das circunstancias, apareceu o Kamishibai, unha especie de lendas de cego, que percorría as vilas ofrecendo o seu espectáculo a cambio da compra de caramelos. O Kamishibai non competía coas revistas, pero si outros dos novos medios centrados en Osaka:

  • Por unha banda, o sistema de bibliotecas de pagamento, que funcionaría cunha rede de 30.000 centros de préstamo por todo o país, producindo os seus propios mangas, en forma de revistas ou tomos de 150 páxinas.
  • Por outra, os libros vermellos, tomos dunhas duascentas páxinas de papel de baixa calidade en branco e negro, cuxo trazo identificatorio eran as súas portadas a cor vermella e o seu baixo prezo. Esta industria pagaba aos seus artistas salarios próximos á miseria, pero a cambio estes gozaban duhna ampla liberdade creativa.

Osamu Tezuka, o manga no kami[editar | editar a fonte]

Osamu Tezuka, un estudante de medicina apaixoado dos debuxos animados de Fleischer e Disney, cambiaría a face da banda deseñada xaponesa co seu primeiro libro vermello. A nova illa do tesuoro vendeu sorpresivamente entre 400.000 y 800.000 exemplares. O seu éxito foi aplicar ao cómic un estilo cinematográfico descompondo os movementos en varias viñetas e combinando este dinamismo con abundantes efectos sonoros, características propias da banda deseñada moderna.

O éxito de Tezuka levouno ás revistas de Tokio, particularmente á nova Manga Shonen (1947) que foi a primera revista infantil dedicada en exclusiva ao manga, e na que Tezuka publicou Astroboy. Nestas revistas impuxo o seu esquema de epopea en forma de serie de relatos e diversificou a súa produción en múltiples xéneros, dos que destacan as súas adaptacións literarias e o manga para rapazas: o shōjo manga. A mediados dos 50, Tezuka trasladouse a un edificio da capital chamado Tokiwasi, ao que peregrinarían os novos autores, entón aspirantes, e actualmente estrelas. Un ano despois, Shonen desapareceu e os libros vermellos agonizaron.

Entre ambos, e por obra de Osamu Tezuka, puxeran os alicerces da industria do manga e anime contemporáneos. Osamu Tezuka deu ao manga a base da súa estética actual. El mesturara a tradición xaponesa co estilo caricaturesco e expresivo da banda deseñada americana da idade de ouro. Innovou na linguaxe narrativa e visual dunha forma paralela, aínda que diferente á de Will Eisner e Jack Kirby na BD norteamericana. Chegou mesmo a xogar con experimentos visuais nos anos sesenta, aínda que de forma máis tímida da que se facía en Europa por parte de autores como Guido Crepax. Axudou á diversificación de xéneros e ao crecemento da banda deseñada como medio artístico, narrativo, adulto e como fenómeno de masas. Foi por todo isto coñecido como o manga no kami (Deus do manga en xaponés).

Ao poco tempo da súa morte, algúns dos xornais xaponeses máis importantes pediron que se lle entregara o Premio Nobel de Literatura, aínda que foi rexeitado. Desde 1997 celébrase anualmente o Osamu Tezuka Culture Award, en honor ás achegas de Tezuka ao manga moderno, premio co que se galardoa aos debuxantes que seguen a visión de Tezuka.

O crecemento da industria[editar | editar a fonte]

O triunfo das revistas de manga acabou co Kamishibai, e moitos dos seus autores refuxiáronse no sistema de bibliotecas. As revistas de manga eran todas infantís, e as bibliotecas encontraron un buraco creando un manga orientado cara un público máis adulto: o gekiga(debuxo dramático en xaponés). Deixaron o estilo proximo a Disney de Tezuka por outro máis realista e fotográfico abrindo o campo a novos xéneros violentos, escatolóxicos ou mesmo pornográficos como o terror, as historias de samurais, os mangas sobre yakuzas (mafia xponesa), o erotismo, etc. Entre eles cabe destacar a Sanpei Shirato que en 1964 patrocinaría a primeira revista underground da historia do manga, Garo. E tamén ao mestre Monkey Punch (Seudónimo do debuxante xaponés Kazuhiko Kato), creador da serie considerada como "o mellor manga de tódolos tempos", LUPIN III que aos seus 70 anos aínda seguía en activo. A competencia no terreo gráfico do gekiga obrigou ás revistas a reduciren a presenza de texto, aumentar o número de páxinas e o tamaño para a súa mellor visión.

Co comezo do auxe económico a xente esixía máis manga. Por iso, unha das principais editoras de libros, Kodansha, entrou en 1959 no mercado de revistas. O seu título Shōnen Magazine, cambiou a pauta de periodicidade mensual a semanal, multiplicando a produción e impondo aos autores o estakhanovismo, ainda que esta vez con soldos millonarios. Pronto, outros grupos editoriais como Shueisha, Shogakukan ou Futabasha uniríanse. Este sistema de produción sacrificaría a cor, a calidade do papel e a sofisticación temática, levando tamén consigo a crítica política. Pero aumentaría vertixinosamente as vendas ata cifras astronómicas e con elas os beneficios empresariais, convertendo o manga no medio de comunicación audiovisual máis importante do país.

A expansión a Occidente[editar | editar a fonte]

En 1988, grazas ao éxito da versión cinematográfica de Akira, baseada na serie de BD homónima do debuxante Katsuhiro Otomo, publicado en 1982 na revista Young Magazine da editorial Kōdansha, o manga empezou a ser difundido internacionalmente a escalas xamais antes soñadas. A finais dos anos noventa, o manga influíu nas publicacións dos xigantes do cómic estadounidense Marvel Comics e DC Comics, sendo contratado, entre outros, o debuxante xaponés Kia Asamiya para unha das súas series capitais, Uncanny X-Men. A proposta non tivo éxito, pero a penetración da BD xaponesa no mercado norteamericano é indiscutible.

Pero o grande éxito que a produción xaponesa Akira levou a occidente non foi algo que xurdiu repentinamente. Xa nos anos 60 do século XX, Osamu Tezuka vendéralle os dereitos de emisión da súa primeira serie Astro Boy á cadea estadounidense NBC, conseguindo un éxito bastante notable de audiencia infantil. Nos anos setenta, sucedéronse as series de animación Mazinger Z, Great Mazinger, Grendizer, sendo esta última un estalido mediático en Francia, onde sería coñecida como Goldorak. Todas elas baseábanse nos cómics de Gō Nagai, actual magnate dun imperio de distribución editorial. Na década dos 80, comezaron a destacarse series doutra índole, como The Super Dimension Fortress Macross, coñecida en Occidente por Robotech: o remake de Osamu Tezuka de Astroboy, filmada esta vez a cor e con aires xa máis modernos. A esta sumouse a saga épica Gundam, serie só superada en temporadas e episodios pola serie de animación estadounidense The Simpson.

Un dos autores máis relevantes e importantes no apoxeo mediático de finais dos oitenta e principios dos noventa foi Akira Toriyama, creador da famosa serie Dragon Ball e da serie Dr. Slump, ámbalas dúas caracterizadas polo seu humor picante, irreverente e absurdo. Tal foi o éxito das súas obras que nalgúns países europeos chegou a superar nas listas de vendas ao cómic estadounidense e ás producións autóctonas durante algúns anos. Este fenómeno foi moi marcado en España, onde en poucos anos Dragon Ball vendeu tantos exemplares, que hai quen a considera a banda deseñada de orixe estranxeira máis vendida na historia do país. A revista Shōnen Jump —en momentos puntuais, especialmente durante algunhas semanas que coincidían con episodios decisivos da serie Dragon Ball— chegou a aumentar a súa tirada semanal a 6 millóns de exemplares.

Hoxe en día, o manga consolidouse na sociedade occidental debido ao éxito conseguido durante as décadas pasadas. Incluso foi imitado por autores europeos e estadounidenses, que trataron de utilizar a estética e os recursos visuais deste tipo de BD. A importancia do manga aumentou considerablemente, deixando de ser algo minoritario en Occidente para constituírse nun fenómeno comercial e cultural, en competencia directa coa hexemonía da produción estadounidense e europea.

Incluso a poderosa Disney ten apreciado as producións xaponesas como produto comercial de calidade. A súa distribuidora Buenavista obtivo os dereitos de distribución en cinema das películas do estudio Ghibli, de onde saíron moitas das mellores obras de animación que Xapón lle deu ao mundo da man de Hayao Miyazaki. O seu éxito no mercado internacional foi variado, aínda que notable, tanto que a película de animación A viaxe de Chihiro recibiu no 2002 o Oscar da Academia á mellor película de animación, premio que non gañara ningunha película xaponesa de animación.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Berndt, Jacqueline. (2001). El fenómeno manga. "Colección Fontana práctica". Editorial Martínez Roca. Madrid, España. ISBN 84-270-2157-7.
  • Manga manía (Fascículos). (2004). Treinta y cinco volúmenes. Editorial Europea de Promoción y Fomento. Barcelona, España. ISBN 84-920786-0-X.
  • Bermúdez, Trajano. Mangavisión, guía del cómic japonés, editorial Glénat (Biblioteca del Dr. Vértigo n.º 1).
  • Moliné, Alfonso. El gran libro de los manga, editorial Glénat.
  • Gravett, Paul. Manga: 60 Years of Japanese Comics. Nueva York: Collins Design, 2004. ISBN 1856693910.
  • Schodt, Frederik L. Dreamland Japan: Writings on Modern Manga. Berkeley, Calif.: Stone Bridge Press, 1996. ISBN 188065623X.
  • Schodt, Frederik L. Manga! Manga!: The World of Japanese Comics. Nueva York: Kodansha International, 1983. ISBN 870117521, ISBN 4770023057.
  • Estudio Phoenix. (2001). CÓmo dibujar manga. Ediciones Martínez Roca. Madrid, España. ISBN 84-270-2338-3.
  • Manga!, Editorial Taschen.

véxase tamén[editar | editar a fonte]

Historia da banda deseñada