Jack Kirby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jack Kirby

Jack Kirby, nado o 28 de agosto de 1917 e morto o 6 de febreiro de 1994, foi un dos máis influentes, recoñecidos e prolíficos artistas do cómic nos Estados Unidos. De nome real Jacob Kurtzberg, fillo de pais xudeus austríacos afincados en Nova York, foi tamén editor e escritor de cómics. Debido á súa xenial capacidade creativa, o tamén xenial Stan Lee púxolle o alcume de "O Rei", que lle marcará sempre.