Guido Crepax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guido Crepax, nado o 15 de xullo de 1933 e finado o 31 de xullo de 2003, foi un artista de cómics italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guido Crepax influenciou profundamente o mundo europeo do cómic adulto contra mediados dos anos 60. É famoso polo seu personaxe Valentina, creado en 1965 e moi representativo do espírito dos anos 60. O seu estilo caracterízase polo seu debuxo sofisticado e psicodelismo implicando xeralmente unha dose forte do erotismo.