SEOSAT-Ingenio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O SEOSAT-Ingenio (acrónimo de Spanish Earth Observation Satellite) é un satélite artificial español de imaxes terrestres de alta resolución.

Características[editar | editar a fonte]

Está liderado polo CDTI e o Ministerio de Ciencia e Innovación, requirindo a súa posta en órbita unha colaboración internacional. Unha vez en órbita, terá propulsión independente durante os dez anos que se espera de vida operativa grazas a 80 kg de hidracina.

A resolución da súa cámara 2,5 m, e cada tres días sobrevoará calquera punto da superficie terrestre, axudando a mapear desastres naturais. Seguirá unha órbita heliosíncrona a uns 670 km de altura.

Ten unha masa duns 830 kg.[1]

Historial[editar | editar a fonte]

Foi lanzado pola Axencia Espacial Europea a bordo dunha lanzadeira VEGA[1] o 16 de novembro de 2020 dende a Güiana Francesa, en conxunto co satélite francés Taranis do CNES,[2] despois de ser atrasado en sucesivas ocasións.[3][4]

Ós oito minutos do lanzamento foi identificado un erro na súa traxectoria, dando lugar á perda da misión.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Lanzamiento de Seosat". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-28. 
  2. "SEOSAT-Ingenio: fully loaded". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-22. 
  3. "SEOSat - eoPortal Directory - Satellite Missions". directory.eoportal.org. Consultado o 2020-10-22. 
  4. infoespacial.com (2016-03-30). "Sener lleva a Santiago el instrumento óptico del satélite español Ingenio - Noticias Infoespacial América". infoespacial.com (en castelán). Consultado o 2020-10-22. 
  5. "Vega flight VV17 SEOSAT-Ingenio / TARANIS mission failure". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-17.