Hidróxido de calcio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hidróxido de calcio
Hidróxido de calcio
Propiedades
Nome Hidróxido de calcio
Outros nomes Hidróxido de calcio(II),
Hidróxido cálcico,
Cal apagado.
Fórmula química Ca(OH)2
Masa molar 74,093 g/mol
Aparencia Po branco.
Estrutura cristalina hexagonal
Número CAS [1305-62-0]
Densidade 2.24 g/cm3, sólido
Solubilidade 0,185g/100 cc de auga.
Produto de solubilidade Kps=4,68E-6
Punto de fusión 580 °C (Descompoñéndose).
Punto de ebulición N/A
Carácter ácido/Base (pKb) N/A
Calor específica 1,18095 J/g•°C
Termoquímica
Entalpía de formación -985,2 kJ/mol
Seguridade
MSDS hydroxide.html MSDS
Clasificación EU Corrosivo (C)
Temperatura de inflamación Non inflamable.
Compostos relacionados
Mesmo Anión NaOH, KOH, NH4OH
Mesmo Catión CaCl2, CaF2, CaO

As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.



O hidróxido de calcio é un composto químico de fórmula Ca(OH)2. É unha substancia incolora, cristalina, que reducida a po ten cor branca, e obtense por reacción do óxido de calcio (chamado cal viva ) coa auga. Pode obterse tamén mesturando unha disolución acuosa de cloruro de calcio e unha disolución acuosa de hidróxido de sodio.

Un nome tradicional para o hidróxido de calcio é o de cal apagada ou de cal hidratada . Se quentamos hidróxido de calcio sofre unha descomposición química dando o óxido de calcio e auga. Unha suspensión de partículas finas de hidróxido de calcio en auga, chamada auga de cal (o leite de cal), é unha base moderadamente forte que reacciona violentamente cos ácidos.

Usos[editar | editar a fonte]

O hidróxido de calcio debido á súas características básicas fortes, ten varias aplicacións, por exemplo:

  • Tratamento de augas residuais e mellora de chans ácidos.
  • Ingrediente de morteiros empregados en albaneileria.
  • Como álcali usado como substituto do hidróxido de sodio nalgúns tratamentos para estirar o cabelo.
  • Como reactivo:
    • Para agregar calcio bio-dispoñible nas disolucións para os animais e plantas que utilizan moito calcio como por exemplo algas, caracois, e corais.
    • Na industria para a neutralización de excesos de ácido.
    • Na industria de refino do petróleo para a fabricación de aditivos de aceites.
    • Na industria química para a fabricación de estearato de calcio.
    • No sector alimenticio para procesar a auga que se vai empregar na preparación de bebidas alcóholicas ou sen alcohol.
    • Para liberar a salmoira de carbonatos de calcio e de magnesio, na fabricación do sal para alimentación ou para a farmacopea.
    • Indíxenas americanos e latinoamericanos emprégano na cociña.Ó hidróxido de calcio chámanlle “cal”. O millo cociñado con cal da lugar ó nixtamal, que se considera máis saboroso e máis fácil de dixerir.
  • Como recheo:
    • En petroquímica na industria para a fabricación de varios aceites sólidos.
    • Na fabricación de ebonita.
    • Para a preparación de mesturas secas para pintura e decoración.
    • Para elaborar mesturas na fabricación de pesticidas.
    • Para a fabricación dunha droga chamada “Polikar” para loitar contra enfermidades ocasionadas por fungos en froitas e vexetais durante a almacenaxe.
    • En odontoloxía en recheos dentarios para reducir inflamacións.

Riscos para a saúde[editar | editar a fonte]

Unha sobredose de hidróxido de calcio pode dar lugar a síntomas perigosos incluíndo:

  • Dificultade na respiración.
  • Hemorraxias internas.
  • Baixada da presión sanguínea, hipotensión.
  • Parálise da musculatura esquelética, interferencia co sistema da actina-miosina.
  • Un aumento no pH do sangue que é prexudicial para os órganos internos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]