Tórax (artrópodos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista lateral do tórax dun díptero.
Vista dorsal do tórax dun díptero.

O tórax (do grego antigo "θώραξ" thórax, "coiraza")[1] dos artrópodos é o tagma ou rexión do corpo situado entre o céfalon (cabeza) e o abdome.

O termo aplícase a crustáceos e insectos, a pesar de que non son tagmas homólogos. Con frecuencia, a cabeza e o tórax fusiónanse parcial ou totalmente para formaren o cefalotórax, como ocorre en moitos crustáceos e quelicerados; nestes últimos, o termo apropiado para designalo é prosoma.

Os miriápodos teñen o corpo dividido en cabeza e tronco, de modo que non teñen tórax diferenciado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. θώραξ, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus Digital Library.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Borror, D. J.; DeLong, D. M. e Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York e Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-03-088406-3.
  • Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.