Verve Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verve Records

Compañía nai Universal Music Group
Fundado en 1956
Fundador Norman Granz
Estado
Distribuidoras Verve Music Group
Xénero(s) jazz
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización
Web oficial

Verve Records é unha discográfica americana especializada en jazz, fundada por Norman Granz en 1956 absorbeu os catálogos de Norgran Records e Clef Records.

O catálogo de Verve medrou ó longo dos anos 50 e dos anos 60 para incluír a maioría das figuras principais do jazz, aínda que Granz tendeu a gravar artistas xa establecidos, por veces en declive, máis que buscar talentos novos. Tamén recoñeceu o potencial dos álbums da comedia, producindo o primeiro LP de Spike Jones, Dinner Music For People Who Aren't Very Hungry, en 1956 e varios álbums éxitos de venda que ofrecían actuacións en directo de Shelley Berman a comenzos dos 60. Granz vendeu Verve a MGM en 1961 por 3 millóns de dólares. Creed Taylor converteuse no novo produtor, levando a bossa nova ós Estados Unidos. En 1967 Creed deixou Verve, e as novas gravacións comezaron a declinar e cesarían en conxunto nos anos 70. Nos mediados dos anos oitenta comezou unha nova política que promocionaba novos lanzamentos, aínda que sempre dando preferencia á reedición do seu catálogo. Nos anos 70 pasou a formar parte de PolyGram, incorporando o catálogo do jazz de Mercury/EmArcy, que Phillips, os donos de parte de PolyGram adquiriran anteriormente. Verve Records transformouse en Verve Music despois de que PolyGram se unira ó Universal Music Group de Seagram en 1998.

Ligazón externa[editar | editar a fonte]