X-Men

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

X-Men é un equipo de superheroes de banda deseñada de Marvel Comics creado polo escritor Stan Lee e o artista Jack Kirby.

Historia[editar | editar a fonte]

Apareceu pola primeira vez en The X-Men nº 1 en setembro de 1963 que comezou a publicarse bimensualmente, no número 14 adquiriu carácter mensual, nesta primeira etapa non tivo tanto éxito como outros equipos de superheroes como Os Vingadores ou Os 4 Fantásticos e a revista deixou de publicarse en 1970 no número 66 polas súas baixas vendas, volveu nove meses despois como bimensual pero con historias vellas. En maio de 1975 Marvel revitalizou o equipo con novos personaxes a cargo do escritor Len Wein e o artista Dave Cockrum no especial Giant Size X-Men e en agosto The X-Men comezou a publicar historias novas a cargo de Chris Claremont formando equipo a partir de 1977 con John Byrne, a publicación pasou a mensual en 1978, e nos anos oitenta a serie converteuse nunha das máis populares de banda deseñada sobre todo a raíz da publicación de The Dark Phoenix Saga, e a revista apareceu quincenalmente por breves períodos de tempo e deu lugar a novas series de cómics como New Mutants, X-Factor, Excalibur, Wolverine, X-Force, Generation X ou X-Men:Legacy.

Argumento[editar | editar a fonte]

Nun clima de aumento do sentimento contrario ós mutantes, o profesor Xavier, un telépata paralítico, crea na súa mansión de Westchester un santuario para aprenderlles ós mutantes novos a usar os seus poderes en beneficio da humanidade e probar que os mutantes poden ser heroes. Xavier recruta a Cíclope, o Home de Xeo, Angel, Besta e Jean Grey denominándoos "X-Men" por posúír X-tra poder por estar en posesión do Xen-X resultado dunha mutación do ADN, un xene que os humanos normais non teñen pero que lle dá ós mutantes as súas habilidades. A estes cinco X-Men iniciais cos anos uníronse moitos outros, como Tormenta ou Lobeto entre os máis coñecidos.

Xa desde os primeiros números apareceu o arquinimigo dos X-Men, Magneto e a súa Brotherhood of Mutants.

De X-Men relizáronse series de televisión: A patrulla X, X-Men Evolution e Wolverine and the X-Men, filmes: X-Men, X2, X-Men: The Last Stand e X-Men Origins: Wolverine, X-Men: First Class e videoxogos.