Guy Delisle
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Guy Delisle, nado o 19 de xullo de 1966 en Quebec, é un debuxante francófono canadense. Traballou en 1986 para o estudo de cómics Ciné Groupe en Montreal. Este primeiro emprego en animación durou un ano e medio, ata que pecharon o estudo. Emprendeu entón unha longa viaxe a través de Europa: Múnic, Berlín, Valencia, e por fin Montpellier, onde reside desde 1991. Ademais, impartiu clases de animación na illa da Reunión en 1993 e realizou unha curta-metraxe para nenos, Tres pequenos gatos, en 1994.
O seu traballo para un estudo de animación francés esíxelle supervisar a produción en varios estudos de países da costa do Pacífico, nas sombrías fronteiras do mercado libre. Por iso, o autor vese obrigado a pasar meses en frías e impersoais habitacións de hotel, onde sofre os males de quen pasa longas tempadas fóra de casa: alienación cultural e lingüística, aburrimento e nostalxia da comida occidental e do auténtico café. Delisle representa estas estancias no máis absoluto illamento en dúas xeniais novelas gráficas: Pyongyang e Shenzhen.
En canto ao seu estilo, Delisle decántase polo trazado de liñas, en aparencia simples, para representar os estados de ánimo e a realidade.
Obra[editar]
- Réflexion, L'Association (1996)
- Aline et les autres, L'Association, (1999)
- Shenzhen, L'Association, (2000), Drawn & Quarterly (2006), Astiberri Ediciones (2006)
- Albert et les autres, L'Association, (2001)
- Comment ne rien faire, Pastèque, (2002)
- Pyongyang, L'Association (2003), Drawn & Quarterly (2005), Astiberri Ediciones (2005)
- Inspecteur Moroni 1 : Premiers pas Dargaud, (2001)
- Inspecteur Moroni 2 : Avec ou sans sucre Dargaud, (2002)
- Inspecteur Moroni 3 : Le Syndrome de Stockholm, Dargaud, (2004)
- Louis au ski, Delcourt, (2005)
- Chroniques birmanes, Drawn & Quarterly (2008), Astiberri Ediciones (2008)
- Louis à la Plage, Editions Delcourt (2008)