Gustaf Kossinna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gustaf Kossinna, nado en Tilsit, Sovetsk (Oblast' de Kaliningrad), o 28 de setembro de 1858 e morto en Berlín o 20 de decembro de 1931, foi un filólogo e arqueólogo alemán, profesor na Universidade de Berlín

Gustaf Kossinna.

Xunto con Carl Schuchhardt foi o máis influente estudoso alemán de prehistoria no seu tempo e foi o creador das técnicas de Siedlungsarchaologie ou "arqueoloxía dos asentamentos". AS súas teorías nacionalistas sobre as orixes dos pobos xermánicos influenciaron algúns aspectos da ideoloxía nazi aínda que as súas visións sobre a prehistoria foron rexeitados pola historiografía oficial nacionalsocialista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kossinna era un masuro xermanizado. Naceu en Tilsit (Prusia Oriental) no Reino de Prusia. O seu pai era un mestre de escola secundaria superior. De neno aprendeu a tocar o piano e o latín.

A continuación emprendeu estudos universitarios en distintas universidades alemás, estudou filoloxía clásica e xermánica en Göttingen, Leipzig, Berlín e [[Estrasburgo]. Recibiu gran influencia de K. Muellenhoff, quen o animou a investigar sobre as orixes das linguas indoeuropeas e da cultura xermánica. Conseguiu o doutorado en Estrasburgo en 1887, sobre a documentación da lingua alta franconia. Do 1888 ao 1892 traballou como bibliotecario.

Kossinna dedicara os seus primeiros estudos á orixe e á prehistoria do pobo xermánico. Identificara o "asentamento ancestral" dos xermanos na zona que vai do norte de Alemaña e o sur de Escandinavia. En 1896 expresou as súas ideas na conferencia que organizara e que titulou: "As orixes prehistóricas dos teutóns en Alemaña". En 1902 nomeárono profesor de arqueoloxía na Universidade de Berlín. No mesmo ano identificou, ao seu parecer, a patria ancestral dos protoindoeuropeos que, segundo o seu parecer, había que buscar no territorio onde no eneolítico se estendía a Cultura da cerámica cordada; foi el quen propuxo o Schleswig-Holstein como Urheimat das linguas indoeuropeas, precisamente a que era tamén a patria ancestral dos antigos xermanos. A súa tese permaneceu durante varios decenios, sobre todo entre o mundo académico alemán onde se converteu nunha especie de dogma raramente contradita[1].

A seguir publicou moitos libros sobre as orixes dos pobos xermánicos e fundou a "Sociedade alemá de Prehistoria" para promover o interese e a investigación na materia. Converteuse no arqueólogo de lingua alemá máis famoso do mundo tamén polo uso que fixo da arqueoloxía para xustificar o expansionismo alemán.

Cultura material e etnia[editar | editar a fonte]

Kossinna desenvolveu a teoría segundo a cal o territorio rexional dunha etnia pode ser definido pola cultura material atopada no sitio arqueolóxico. Escribiu que as "áreas arqueolóxico-culturais corresponden indiscutibelmente coas áreas dun particular pobo ou tribo". Esta afirmación é coñecida como "Lei de Kossinna" (Lex Kossinna) e constitúe a base do seu método denominado "Arqueoloxía do asentamento". A propósito da Arqueoloxía do asentamento moderna Kossinna subliña, en palabras de Stefan Arvidsson, que "un conxunto unificado de achados arqueolóxicos, unha cultura, era o signo dunha etnia unificada". As ideas de Kossinna poden ser ligadas estreitamente á ideoloxía alemá chamada "Movemento völkisch", chega ao extremo de considerar calquera cambio cultural verificado nun territorio como o resultado da migración dun novo pobo ("todo é migración")[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Francisco Villar Liébana, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, Gredos, 1991.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gustaf Kossinna Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Encyclopedia of Archaeology: The Great Archaeologists: Volume I. 1999. pp. 233–246. ISBN 1-57607-199-5.