Grilo ceboleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grilo ceboleiro
Grilo ceboleiro
Clasificación científica
Reino: Animalia
Phylum: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Orthoptera
Orde: Ensifera
Familia: Gryllotalpidae

O grilo ceboleiro é un insecto da familia Gryllotalpidae. É un tipo de grilo, e polo tanto é un ortóptero.
En galego tamén é coñecido como alacrán ceboleiro, corta, cortón, osa, ralo ou relo. Marcial Valladares chámao grilo-toupa. Eladio Rodríguez distingue entre o grilo ceboleiro ou grilo real e o grilo toupa.


Descrición[editar | editar a fonte]

Teñen entre 3 e 5 centímetros de lonxitude, con grandes ollos redondos e patas dianteiras similares a pas, desenvolvida para escavar e nadar. Amais poden voar, chegando a desprazarse os exemplares adultos até 8 km durante a época de apareamento. Están activos a maior parte do ano, pero pasan o inverno hibernando. Os exemplares máis novos teñen as ás máis curtas, e a súa aparencia varía dependendo da especie, asemellándose con algúns saltóns ou formigas moi grandes, ou, mesmo se as ás son moi pequenas, con termitas de cor escura.

Avespa comendo nun cadáver de grilo ceboleiro en Marcón (Pontevedra).

Os grilos ceboleiros son bastante comúns, pero son pouco vistos por seren nocturnos e desenvolver boa parte da súa vida en grandes sistemas de túneles. Son omnívoros, comendo larvae, vermes, raíces, e herbas. Entre os seus predadores están os paxaros, ratos, e raposos, e as avespas comen os seus cadáveres. Larra bicolor é un parasito do xénero Scapteriscus.

Amplifican o seu canto coa axuda dun corno de dobre saída, que actúa como un megáfono[1]. Están presentes en todos os continentes agás na Antártida, se ben nalgunhas zonas o seu número descende por mor da erosión e a destrución do hábitat. Adoitan ser considerados pragas. No leste de Asia ás veces se utilizan como alimento humano (fritos).

Xéneros[editar | editar a fonte]

Ciclo vital.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Dawkins, The Selfish Gene, pg. 63)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Grilo ceboleiro