Eladio Rodríguez González
| Eladio Rodríguez González | |
|---|---|
| Casa natal de Eladio Rodriguez en San Clodio Leiro | |
| Nacemento: | 27 de xullo de 1864 San Clodio, Leiro Ourense |
| Falecemento: | 14 de abril de 1949 A Coruña |
| Lingua: | Galego, castelán |
| Xénero(s): | Poesía |
Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 27 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.
Índice |
[editar] Traxectoria
De moi neno marchou a vivir cun tío seu na Coruña, voltou de novo ao seu lugar de nacemento, e logo traballou de funcionario municipal na Coruña (1888-1937), o que compaxinaba co xornalismo e a poesía. As súas primeiras composicións poéticas coñecidas datan de 1886, A noite de San Xoán e o poema longo O pucho do Lago. Publicou composicións e artigos no xornal O Tío Marcos da Portela, participou nas tertulias da Cova Céltica e na constitución da Liga Gallega. Foi director dos xornais El Noroeste (1896) e La Mañana (1897), foi un dos socios fundadores da Asociación da Prensa da Coruña en 1904, da cal foi tamén presidente.
Membro fundador da Real Academia Galega, foi o seu secretario (1920-1926) e o seu presidente (1926-1934), colaborador do xornal das Irmandades da Fala, A Nosa Terra; foi tamén fundador e presidente da coral Cántigas da Terra (1916). Eladio Rodríguez elaborou o dicionario galego máis importante ata a aparición dos dicionarios monolingües, o Diccionario enciclopédico Gallego-castellano (1958-1961), o cal foi a fonte principal dos dicionarios modernos da lingua galega.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2001.
[editar] Obras
[editar] Poesía
- Folerpas (1894)
- Raza e terra (1922)
- Oraciós campesiñas (1927)
[editar] Dicionarios
- Diccionario enciclopédico gallego-castellano, escrito ao longo de toda a súa vida e publicado de forma póstuma (1958-1961, [Editorial Galaxia|Galaxia]]).
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Otero, David (2001), A vida de Eladio Rodríguez, Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-424-0.
| Predecesor: Andrés Martínez Salazar |
presidente da RAG 1926-1934 |
Sucesor: Manuel Lugrís Freire |
| Predecesor: Manuel Murguía |
Día das Letras Galegas 2001 |
Sucesor: Frei Martín Sarmiento |
|
||||||||