Grade (signo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
#
Grade
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
puntos suspensivos ( )
acento ( ◌́ )
diérese ( ◌̈ )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
frecha ( )
grade ( # )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

A grade[1], cancelo ou grella[2] é un signo gráfico que se escribe #. É similar ao símbolo de notación musical díese (♯), ao que substitúe ás veces na escrita cando a fonte escollida non posúe o signo musical.

O seu código Unicode é U+0023, e o seu valor ASCII 0x23 (hexadecimal).

Historia[editar | editar a fonte]

A grade deriva da abreviatura latina “lb”, que representaba á unidade de peso chamada libra.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

  • Introduce comentarios nalgunhas linguaxes de programación (como Perl e PHP) ou nos ficheiros de configuración dalgúns programas (como Apache).
  • Precede a códigos de cores en formato hexadecimal.
  • É un pulsador do teléfono que activa funcións especiais ou códigos abreviados.
  • En xornalismo, indica fin de transcrición.
  • Na web aparece nalgunhas hiperligazóns da linguaxe HTML, que serve para levar a unha sección dunha páxina.
  • En xadrez serve para indicar mate: 1 e4 e5 2 Ac4 Ac5 3 Dh5 Cc6 4 Dxf7# (mate pastor).
  • En Twitter serve para indicar en que hashtag se atopa un tweet.
  • Nos países anglosaxóns adoita usarse para indicar un número.
  • Na Wikipedia tamén se usa para facer listaxes.
  • En Matemáticas indica o cardinal dun conxunto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. # e &: dous símbolos na busca de nome Servizo de Normalización Lingüística, USC.
  2. bUSCatermos Servizo de Normalización Lingüística, USC
  3. Houston, Keith. "The Ancient Roots of Punctuation". The New Yorker's. http://www.newyorker.com/online/blogs/books/2013/09/origins-of-hashtag-manicule-diple-pilcrow-ampersand-explained.html. Consultado o 5 de novembro de 2013.