Vicente Cons de la Torre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vicente Cons Delatorre»)
Vicente Cons de la Torre
Información persoal
Nacemento 17 de xullo de 1914
Lugar de nacemento Pontevedra
editar datos en Wikidata ]

Vicente Cons de la Torre, nado en Pontevedra o 17 de xullo de 1914, foi un futbolista galego máis coñecido como Cons, que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao igual que Edelmiro II e Pirelo chegou ao Celta de Vigo procedente do Eiriña CF de Pontevedra, na tempada 1939/40 para reforzar o club de cara ao debut na Primeira División. Xogou no Celta sete tempadas, seis delas na máxima categoría.

Debutou en partido oficial o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza baixo as ordes do técnico Ricardo Comesaña, encontro que perdeu o equipo vigués. Pese ao mal comezo Cons disputou 17 dos 22 encontros de liga.

Durante os primeiros anos no club formou parella na defensa con Varela disputando gran parte dos encontros a pesar de que non se permitían as substitucións. Un dos seus partidos máis recordados foi o 15 de maio de 1940 en Madrid no partido pola permanencia ante o Deportivo da Coruña, que buscaba ascender. Na tempada 1941/42 foi o xogador máis utilizado polo técnico Albéniz ao disputar 25 dos 26 encontros de liga, campionato que o equipo rematou 5º.

Logo da chegada de xogadores máis novos foi perdendo peso no equipo e tras a fichaxe de José Mesa Cons deixa o club tras 7 tempadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]