Godfrey Kneller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godfrey Kneller
Retrato de Sir John Vanbrugh, considerado unha das obras máis finas de Kneller.

Sir Godfrey Kneller, nado o 8 de agosto de 1646 e finado o 19 de outubro de 1723, foi un artista que traballou como pintor da corte para varios reis ingleses.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gottfried Kniller naceu en Lübeck, Alemaña. Seu irmán, John Zacharias, tamén se dedicou á pintura establecéndose en Gran Bretaña. Ferdinand Bol e Rembrandt foron mestres seus, e Kneller converteuse no principal pintor de retratos de finais do século XVII e principios do XVIII, tendo retratado a dez monarcas europeos (incluíndo a Luís XIV de Francia).

En 1680 foi nomeado Pintor da Coroa polo rei Carlos II de Inglaterra e armado cabaleiro por Guillerme III de Orange. Ademais concedéuselle o título de baronet (entre barón e cabaleiro) polo rei Xurxo I e dirixiu a Academia de Pintura e Debuxo de Kneller (1711-1716) en Great Queen Street, en Londres.

Da súa man saíron outros corenta e oito retratos de políticos destacados e homes de letras, membros do Club Kit-Cat.

Morreu en 1723 a causa dunhas febres. Os seus restos descansan na igrexa de Twickenham, onde traballaba como coadxutor cando a nave central (do século XIV) derrubouse en 1713 e tivo que tomar parte nos plans de reconstrución da mesma.

Vøexase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Godfrey Kneller

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]