Gianni Vattimo
Gianni Vattimo nado en Turín o 4 de xaneiro de 1936, é un filósofo italiano e activista político, identificado coa hermenéutica, a postmodernidade e outros sincretismos. É unha figura significativa do denominado pensamento feble.
Traxectoria[editar]
Estudou na Universidade de Turín e na de Heilderberg. Exerceu a docencia en Turín, Os Ánxeles e Nova York. É Catedrático de Filosofía Teorética.
Participou en política a través do Partido Radical e logo na converxencia de forzas políticas denominada a Oliveira. Foi deputado no Parlamento Europeo en Demócratas de Esquerda. É membro da dirección nacional de Coordinamento Omosessuale.
Pensamento[editar]
Entende que os grandes relatos omnicomprensivos están todos eles en crise. O seu lugar o ocupan os medios de comunicación coa súa información superficial e múltiple e a complexidade das linguaxes técnicas. A única filosofía da historia posible arestora é a que narra o seu fin. Xa non existen nin fíos condutores nin posibilidade dunha visión totalizadora. A única visión posible é a que asuma o esnaquizamento da vida, que xa non reside no todo senón na fragmentación. Isto é a consecuencia do que Nietzsche denominou a morte de Deus, que implica tamén o final da metafísica. Lonxe do catastrofismo de Lyotard, entende que estamos entrando na fase do posthistórico onde se poden abrir novas oportunidades e posibilidades. Así, se se nega unha racionalidade central tamén desaparecen as coartadas para silenciar ou esmagar os discursos das minorías, sexan estas étnicas, relixiosas ou sexuais.
Obras[editar]
- Il pensiero debole, Milán, 1983
- La societá transparente, Milán 1989
- Le fine della modernitá, Turín. Milán, 1985
- Filosofía al presente, Milán, 1990
- Oltre l´interpretazione, Milán 1994
- Credere di credere, Milán 1996
- Vocacione e responsabilitá del filósofo, Milán, 1996
- Ecce comu. Come si ri-diventa ció che si era, Roma, 2007