Gerta Keller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gerta Keller, nada en 1945, é unha paleontóloga estadounidense que estuda o cráter de Chicxulub como presunta localización do impacto do meteorito que provocou a extinción masiva do Cretácico-Terciario (extinción dos dinosauros) pola hipótese de Luis Walter Álvarez. Ela sostén que ese meteorito non é a causa da gran extinción. Keller é actualmente profesora de Ciencias da Terra, na universidade de Princeton. Keller obtivo o doutoramento en paleontoloxía e xeoloxía de Stanford en 1978. Ingresou na universidade de Princeton en 1984 e despois dalgúns anos comezou a estudar o límite de K/T, a firma xeolóxica do acontecemento Cretáceo-Terciario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]