Gerard Butler
| Gerard Butler | |
|---|---|
Gerard Butler no Festival de Cinema de Berlín no 2011 |
|
| Nacemento | Gerard James Butler 13 de novembro de 1969 Paisley, |
| Profesión | Actor (1997-presente) |
| Ficha na IMDb | |
Gerard James Butler, nado o 13 de novembro de 1969 en Paisley, é un actor escocés de cinema, televisión e teatro.
Índice |
Primeiros anos [editar]
Butler naceu en Paisley, Escocia, sendo o máis novo de tres irmáns e fillo de Margaret e Edward Butler. Os seus primeiros anos pasounos en Montreal (Canadá) e posteriormente voltou a Paisley trala separación dos seus pais. Criouse coa súa nai, quen casou de novo poucos anos despois. Non tivo contacto co seu pai até os dezaseis anos. Estudou Dereito na Universidade de Glasgow, onde foi presidente da Sociedade de Leis da Escola e traballou como avogado trala súa graduación.
Traxectoria [editar]
Comezou a actuar a mediados dos anos 90 con pequenos papeis en producións como o filme de James Bond Tomorrow Never Dies (1997), que foi seguido por traballos en televisión. O máis notábel deses traballos foi o telefilme norteamericano Atila o huno (2001) onde interpreta ó personaxe principal. Recibiu a aclamación da crítica polo seu traballo en The Phantom of the Opera (2004) dirixido por Joel Schumacher. No 2007 interpretou a Leónidas I no filme 300. Dende entón, ten aparecido en proxectos como P.S. I Love You (2007), Nim's Island (2008), RocknRolla (2008), Law Abiding Citizen (2009) e The Bounty Hunter (2010). Tamén foi actor de voz no filme de animación How to Train Your Dragon (2010).
Filmografía [editar]
| Cinema e televisión | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Filme | Personaxe | Notas |
| 1997 | Mrs. Brown | Archie Brown | |
| 1997 | Tomorrow Never Dies | Mariñeiro xefe | |
| 1998 | Tale of the Mummy | Burke | |
| 1998 | Fast Food | Jacko | |
| 1998 | Little White Lies | Peter | Telefilme |
| 1998 | The Young Person's Guide to Becoming a Rock Star | Marty Claymore | Serie de televisión |
| 1999 | The Cherry Orchard | Yasha | |
| 1999 | One More Kiss | Sam | Telefilme |
| 1999 | Lucy Sullivan Is Getting Married | Gus | Serie de televisión |
| 2000 | Dracula 2000 | Drácula/Xudas Iscariote | |
| 2001 | Harrison's Flowers | Chris Kumac | |
| 2001 | An Unsuitable Job for a Woman | Tim Bolton | Telefilme |
| 2001 | Atila o huno | Atila | Telefilme |
| 2001 | Jewel of the Sahara | Capitán Charles Belamy | Curtametraxe |
| 2001 | Please! | Peter | Curtametraxe |
| 2001 | The Jury | Johnnie Donne | Telefilme |
| 2002 | Shooters | Jackie Junior | |
| 2002 | Reign of Fire | Creedy | |
| 2003 | Lara Croft Tomb Raider: The Cradle of Life | Terry Sheridan | |
| 2003 | Timeline | André Marek | |
| 2004 | The Phantom of the Opera (filme) | Erik, pantasma | |
| 2005 | Beowulf & Grendel | Beowulf | |
| 2005 | The Game of Their Lives | Frank Borghi | |
| 2005 | Shadow Company | James Ashcroft | Voz |
| 2007 | 300 | Leónidas I | |
| 2007 | Butterfly on a Wheel | Neil Randall | |
| 2007 | P.S. I Love You | Gerry Kennedy | |
| 2008 | Nim's Island | Jack Rusoe / Alex Rover | |
| 2008 | RocknRolla | One Two | |
| 2009 | Tales of the Black Freighter | O capitán | Voz |
| 2009 | The Ugly Truth | Mike Chadway | |
| 2009 | Gamer | Kable / John Tillman | |
| 2009 | Law Abiding Citizen | Clyde Shelton | |
| 2010 | How to Train Your Dragon | Stoick the Vast | Voz |
| 2010 | The Bounty Hunter | Milo Boyd | |
| 2011 | Coriolanus | Tullus Aufidius | |
| 2011 | Machine Gun Preacher | Sam Childers | |
| 2012 | Playing the Field | George | |
| 2012 | Movie 43 | Shaun | |
| 2012 | Of Men and Mavericks | Rick Hesson | |
| 2014 | How to Train Your Dragon 2 | Stoick the Vast | Voz |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- TCM Movie Database (en inglés)