Timeline (filme)
| Timeline | |
|---|---|
| Título orixinal | Timeline |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Richard Donner |
| Produtor | Richard Donner Lauren Shuler Donner Jim Van Wyck |
| Guión | Jeff Maguire George Nolfi |
| Baseado en | Timeline de Michael Crichton |
| Intérpretes | Paul Walker Frances O'Connor Gerard Butler Billy Connolly |
| Música | Brian Tyler |
| Fotografía | Caleb Deschanel |
| Montaxe | Richard Marks |
| Estudio | |
| Distribuidor | Paramount Pictures |
| Ano | 2003 |
| Duración | 116 minutos |
| País | |
| Xénero | Ficción científica |
| Orzamento | $80.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Timeline é un filme estadounidense dirixido por Richard Donner que foi estreado no 2003. Está baseado na novela Timeline de Michael Crichton.
Índice |
Argumento [editar]
No corazón do fermoso e histórico val de Dordoña (Francia), un equipo de estudantes de arqueoloxía e o seu mestre, esfórzanse por descubrir as ruínas dun castelo do século XIV. Para o profesor Edward Johnston (Billy Connolly), o proxecto representa a culminación dos seus soños. Coa axuda do profesor adxunto Andre Marek (Gerard Butler), do seu fillo Chris (Paul Walker) e dos seus alumnos Kate (Frances O’Connor), Stern (Ethan Embry) e François (Rossif Sutherland), Johnston fixo grandes progresos non só na escavación do castelo de La Roque senón tamén na dun mosteiro e outras estruturas do pobo de Castlegard. Pero as cousas están a piques de estragarse. O profesor Johnston ten sospeitas sobre o benefactor da escavación - a empresa International Technology Corporation, encabezada por Robert Doniger (David Thewlis) – e diríxese a Novo México en busca de respostas. Mentres está fora, os estudantes descobren unha cámara que leva selada máis de 600 anos. Marek e Kate conseguen entrar dende enriba e xusto antes de que se afunda o teito descobren dous sorprendentes obxectos – uns lentes e unha nota suplicando axuda datada no 2 de abril de 1357.
Personaxes [editar]
- Paul Walker como Chris Johnston
- Frances O'Connor como Kate Ericson
- Gerard Butler como Andre Marek
- Billy Connolly como Profesor Edward A. Johnston
- David Thewlis como Robert Doniger
- Anna Friel como Lady Claire
- Neal McDonough como Frank Gordon
- Matt Craven como Steven Kramer
- Ethan Embry como Josh Stern
- Michael Sheen como Lord Oliver de Vannes
- Lambert Wilson como Lord Arnaud de Cervole
- Marton Csokas como Sir William De Kere/William Decker
- Rossif Sutherland como François Dontelle
- Patrick Sabongui como Jimmy Gomez
- Steve Kahan como Baker
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina Oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)