Gabrielle-Charlotte Patin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGabrielle-Charlotte Patin

Gabrielle-Charlotte Patin,
nun gravado de 1675
Biografía
Nacemento1666
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1751 (86 anos)
Francia
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
Coñecido porEstudo sobre unha medalla de Caracalla.
Actividade
Campo de traballoNumismática e literatura.
Ocupaciónnumismático , pintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCharles Patin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Madeleine Patin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCharlotte-Catherine Patin Editar o valor em Wikidata
Notes
Membro da Academia Galileana de Ciencias, Letras e Artes (Accademia Ricovrati)


Gabrielle-Charlotte Patin, nada en 1666 en París e finada en 1751, foi unha numismática e escritora francesa do século XVII.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cabielle-Charlotte era neta do médico e coñecido esctitor epistolar Guy Patin, e a filla máis vella do tamén médico e numismático Charles Patin e da escritora moralista Madeleine Hommets. A súa irmá era Charlotte-Catherine Patin, unha muller de letras e crítica literaria.[3] Do mesmo xeito que a súa irmá, Gabrielle-Charlotte criouse na abadía de Port-Royal-des-Champs, ao suroeste de París, ata a primavera de 1679. No outono dese ano, as irmás trasladáronse inicialmente a Lión e despois a Turín. Jacob Spon foi quen se ocupou delas na súa viaxe a través dos Alpes ata Italia, onde á súa chegada llas confiou ao seu pai, Charles Patin. A familia estableceuse en Padua, logo de que o seu pai tivese que fuxir de Francia 1668, onde fora condenado a cadea perpetua en galeras por importar libros sediciosos.[4][5]

Gabrielle-Charlotte Patin publicou en Venecia un estudo en latín sobre a representación da fénix nunha medalla de Caracalla: De Phœnice in numismate imperatoris Caracallæ expressa epistola (1683). En 1679 foi admitida, baixo o nome de "Diserte", na Academia Galileana de Ciencias, Letras e Artes (Accademia Ricovrati), onde pronunciou en 1685 o seu panexírico de Lois XIV.[1][6][7]

En 1692 casou en Padua co conde Luigi Santapaulina, un monitor ecuestre da Accademia Delia.[2][3] Á morte do seu pai, acolleu no seu fogar a súa nai e a súa irmá. Logo do falecemento do seu marido, ela quedou en Padua coa súa nai, en tanto que a súa irmá se fixo monxa.[4] Gabrielle-Charlotte casou en segundas nupcias, en 1726, con Francesco Rosa.[3]

Patin morreu en 1751, aos 86 anos.[2]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Gabrielle-Charlotte Patin". En Dictionnaire des Femmes de l'ancienne France. Société Internationale pour l’Étude des Femmes de l’Ancien Régime.
  2. 2,0 2,1 2,2 Benucci, F. (2008).
  3. 3,0 3,1 3,2 "Gabrielle Charlotte Patin". Geneanet.
  4. 4,0 4,1 "Charlotte Catherine Patin: A Seventeenth-Century Female Art Historian?". Princeton University Library.
  5. "Patin (Charles) - Patin (Madelène Hommets)". En VV.AA (1823). Páxinas 124-128
  6. "Gabrielle-Carlotte". En VV.AA (1823). Páxina 128.
  7. "Patin (Charlotte-Catherine, et Gabrielle-Charlotte)". En Prudhomme, L. (1830). Páxinas 45-46

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benucci, F. (2008). "Charles Patin: la casa, gli ultimi anni di vita a Padova, la famiglia". En Quaderni per la storia dell'università di Padova. Páxinas 3-81. ISSN 0078-7760
  • Ivanoff. N. (1970). "La collezione Rosa-Patin ed alcuni artisti stranieri a Padova nel XVII secolo". En Arte veneta. Istituto di Storia dell'Arte. Università di Padova. Nº 23. Páxinas 236-238.
  • Lesaunier, J.; McKenna, A. (2004). Dictionnaire de Port-Royal. París. Honoré Champion. ISBN 9782745310507
  • Paas, J. R. (1989). "Sigmund von Birken and Gabrielle Charlotte Patin". En Daphnis. Vol. 18. Nº 3. Páxina 569. ISSN 0300-693X
  • Prudhomme, L. (1830). Biographie Universelle et Historique des Femmes Célèbres. Tomo 4. París. Lebigre.
  • VV.AA (1823). Biographie Universelle Ancienne et Moderne. Tomo 33. París. Michaud.