Gabriel (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Anunciación co Arcanxo Gabriel e María, de Philippe de Champaigne (1644).

Gabriel é un antropónimo masculino de orixe hebraica na súa forma galega, cuxo significado é "a forza e o poder de Deus". Fai honra ao Arcanxo Gabriel, cuxa festividade é o 29 de setembro, día en que se recordan tamén aos arcanxos Miguel e Rafael. Así mesmo fai honra a Gabriel da Dolorosa, cuxa data de celebración é o 27 de febreiro. Outro dos seus significados é "home de Deus". O seu equivalente en lingua árabe é Gibán, que significa o anunciador. A forma Gabriel coincide na maioría das linguas achegadas ao galego. O seu feminino é Gabriela. Non debeu ser un nome habitual en Galicia, xa que ningunha parroquia ten a San Gabriel coma padroeiro.

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]