Frisch Auf Göppingen
| Nome do club | Turn- und Polizeisportgemeinschaft Frisch Auf Göppingen FRISCH AUF! Göppingen Management & Marketing GmbH |
||
| Fundado | 16 de outubro de 1896 | ||
| Pavillón | EWS Arena, Göppingen |
||
| Capacidade | 5.600 | ||
| Entrenador | |||
| Liga | TOYOTA Handball-Bundesliga | ||
| 2010-11 | 5º | ||
| Equipacións |
|
O TPSG Frisch Auf Göppingen ou simplemente FRISCH AUF! Göppingen é un equipo de balonmán da cidade de Göppingen, Alemaña. Actualmente compite na Handball-Bundesliga, a máxima categoría do balonmán alemán, competición que gañou en nove ocasións (terceiro equipo con máis títulos), catro delas consecutivas, aínda que seis destes nove títulos foron conseguidos entre 1954 e 1961, e o seu último título de liga data de 1972.
Conseguiron fama cando Bernhard Kempa e os seus irmáns se trasladaron de Silesia a Göppingen en 1948 e comezaron a xogar no club. Primeiro como xogador e logo como adestrador, levou ao club a conseguir moitos títulos.[1]
A nivel internacional, o equipo alemán gañou a Copa de Europa en dúas ocasións (1960 e 1962), e perdendo a final de 1959 fronte ao Redbergslids IK sueco. Máis recentemente, no 2006, o equipo chegou á final da Copa EHF, onde caeu fronte ao TBV Lemgo alemán.
Nos anos '90 desputou a 2. Handball-Bundesliga (segunda categoría), retornando á elite no 2001.
Índice |
Palmarés[editar]
Títulos internacionais[editar]
- 2 Copas de Europa: 1960 e 1962
Títulos nacionais[editar]
- 9 Handball-Bundesliga: 1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1965, 1970 e 1972
Plantilla da tempada 2010-2011[editar]
| Nº | NOME | IDADE | ESTATURA | NACIONALIDADE | POSICIÓN |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Enid Tahirović | 39 | 1,90 | Porteiro | |
| 4 | Tim Kneule | 24 | 1,90 | Extremo esquerdo | |
| 5 | Dragoș Oprea | 30 | 1,90 | Extremo esquerdo | |
| 6 | Michael Thiede | 30 | 2,02 | Lateral dereito | |
| 7 | Christian Schöne | 31 | 1,88 | Extremo dereito | |
| 9 | Manuel Späth | 24 | 2,00 | Pivote | |
| 11 | Draško Mrvaljević | 31 | 1,92 | Medio | |
| 12 | Felix Lobedank | 27 | 1,96 | Lateral dereito | |
| 13 | Mitar Markez | 20 | 1,90 | Extremo dereito | |
| 14 | Dalibor Anušić | 35 | 1,98 | Pivote | |
| 15 | Michael Haaß | 27 | 1,94 | Central/medio | |
| 22 | Momir Rnic | 23 | 1,96 | Lateral esquerdo | |
| 23 | Bastian Rutschmann | 29 | 1,95 | Porteiro | |
| 24 | Maximilian Schubert | 20 | 1,94 | Extremo | |
| 28 | Pavel Horák | 28 | 1,98 | Lateral esquerdo |