Francesco Bartolozzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francesco Bartolozzi

Francesco Bartolozzi, nado en Florencia o 21 de setembro de1725 e finado en Lisboa o 7 de marzo de 1815, foi un gravador italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de ouriveiros, aprendeu as técnicas do gravado dende neno, perfeccionou os seus coñecementos na Academia florentina, ao tempo que aprendía pintura. Estivo en Venecia para estudar con Joseph Wagner, e alí executou algúns traballos de importancia. En Roma realizou unha serie de gravados que representaban escenas da vida de Sant Nilus. En 1764 trasladouse a Londres a petición do bibliotecario real e converteuse no gravador real, en 1768 foi un dos membros fundadore da Real Academia das Artes, dende 1802 foi director da Academia de Lisboa.

Entre os seus máis de 2000 gravados destacan as reproducións das obras mestras da pintura.