Río Prípiat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Prípiat
Прип’ять, Прыпяць
Mazyr-Prypiac.jpg
O Prípiat ao seu paso por Mazir, Bielorrusia
País Ucraína Ucraína
Bielorrusia Bielorrusia
Rexión n/d
Nacemento Ucraína
Altitude n/d
Lonxitude 710 km
Caudal medio 455 /s, en Mazir
Conca Dniéper
Desembocadura río Dniéper
Localización do río Prípiat.

O río Prípiat, tamén transcrito ás veces como Prypiat ou Pripyat (en bielorruso: Прыпяць, IPA [ˈprɨpʲatsʲ]; en ucraíno: Прип’ять, IPA [ˈprɪpjɑtʲ] é un dos principais afluentes dp río Dniéper, o máis importante por conca, que nace en Ucraína e pouco despois entra en Bielorrusia, onde discorre en dirección leste, volvendo a entrar en Ucraína pouco antes de desembocar no Dniéper. Ten unha lonxitude de 710 km e unha conca hidrográfica de 121.000 km².

As principais cidades que atravesa son Pinsk e Mazir. Tamén cruza a zona de exclusión establecida ao redor da central nuclear de Chernóbil, o lugar onde se produciu o accidente de Chernóbil. É, por tanto, un río contaminado con radioisótopos no que a concentración de cesio-137 nos seus sedimentos segue incrementándose. A cidad de Prípiat, cunha poboación de 45.000 habitantes, tuvo que ser evacuada completamente despois do desastre de Chernóbil e é hoxe unha cidade fantasma.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Prípiat

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]