File Transfer Protocol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Protocolos de Internet
Capa de Aplicación HTTP, HTTPS, SMTP, FTP, SSH, SNMP, IRC,NNTP,
POP3, IMAP, Telnet, BitTorrent, IRC,...
Capa de Transporte TCP, UDP, SCTP, RTP, DCCP,...
Capa de Rede Protocolo IPv4, Protocolo IPv6, ARP, ICMP,...
Capa de Ligazón Ethernet, 802.11 WiFi, Token ring, FDDI, PPP,...
Capa Física RS-232, EIA-422, RS-449, EIA-485,...
editar

FTP significa File Transfer Protocol (Protocolo de Transferencia de Ficheiros), e é unha forma bastante rápida e versátil de transferir ficheiros, sendo unha das máis usadas na internet.

Pode referirse tanto ao protocolo como ao programa que implementa este protocolo (neste caso, tradicionalmente aparece en letras minúsculas, por influencia do programa de transferencia de arquivos do Unix).

A transferencia de datos en redes de computadores inclúe normalmente a transferencia de ficheiros e acceso a sistemas de ficheiros remotos (coa mesma interface usada nos ficheiros locais). O FTP (RFC 959) basease no TCP, mais é anterior ao conxunto de protocolos TCP/IP, que se adoptou posteriormente ao TCP/IP. É o estándar do conxunto de protocolos TCP/IP para transferir ficheiros, é un protocolo xenérico independente de hardware e do sistema operativo e transfire ficheiros por libre arbitrio, tendo en conta restricións de acceso e propiedades dos ficheiros.

Como ocorre a transferencia de ficheiros[editar | editar a fonte]

A transferencia de ficheiros dase entre un computador chamado "cliente" (aquel que solicita a conexión para a transferencia de datos) e un servidor (aquel que recibe a solicitación de transferencia). O usuario, através de software especifico, pode seleccionar quais ficheiros enviar ao servidor. Para existir unha conexión ao servidor, o usuario informa un nome de usuario (ou username, en inglés) e un contrasinal (password), ben como o nome correcto do servidor ou seu enderezo IP. Se os datos foron informados correctamente, a conexión pode ser estabelecida, usándose un "canal" de comunicación, chamado de porta (port). Tais portas son conexións no cual é posible trocar datos. No caso da comunicación FTP, o padrón para porta é o número 21.

Acceso aos servidores FTP[editar | editar a fonte]

O acceso a servidores FTP pode ocorrer de dous modos: através de unha interface ou através da liña de comando, tanto usuarios UNIX como usuarios Windows poden accesar através dos dous modos. Embora un pouco complicado, o modo liña de comando está presente en cualquer distribuición UNIX-like e Windows, através do telnet.

Para maiores informacións sobre Modelo de Referencia OSI-RM e Modelo de Referencia da Internet, clique aquí e procure por Níveis de Entendimento > Modelos de Referência.

Modos e interfaces[editar | editar a fonte]

O protocolo subxacente ao FTP pode correr nos modos interactivo ou batch. O cliente FTP fornece unha interface interactiva, encanto que o MIME e o HTTP usanno directamente. O protocolo permite a gravación e obtención de ficheiros, a listaxe do cartafol e a alteración do cartafol de traballo.

Comandos do cliente FTP[editar | editar a fonte]

Os servidores de FTP só moi raramente mudan, pero novos clientes FTP aparecen con bastante regularidade. Estes clientes varían no número de comandos que implementan, a maioría dos clientes FTP comerciais implementan apenas un pequeno subgrupo de comandos FTP. Mesmo que o FTP sexa un protocolo orientado a liña de comandos, a nova xeración dos clientes FTP esconde esta orientación nun ambiente gráfico, moitas veces, moi desenvolvido.

A interface cliente do FTP do BSD UNIX é un estándar por si mesma, posuíndo moitos comandos arcaicos: tenex ou carriage control que hoxe non teñen uso. Os comandos máis usados son o cd, dir, ls, xet e put.

O FTP ten particularidades que son hoxe pouco comúns. Despois da activación do ftp, establécese unha conexión ao host remoto. Esta conexión implica o uso da conta do usuario no host remoto, polo que algúns servidores FTP disponibilizan anonymous FTP.

Certos comandos son os que fan a transferencia bidireccional de ficheiros:

  • get do servidor FTP para o host lugar (mget para máis que un ficheiro)
  • put para o servidor FTP a partir do host lugar (mput para máis que un ficheiro)

Nota: algúns comandos poden non funcionar co usuario anonymous, pois tal conta ten limitacións de dereitos a nivel do sistema operativo.

Tradución de nomes de ficheiros[editar | editar a fonte]

A sintaxe dos nomes dos ficheiros pode ser incompatible entre diferentes Sistemas Operativos. O UNIX usa 128 caracteres, maiúsculas e minúsculas, encanto que o DOS usa 8 + 3 caracteres e apenas maiúsculas. Nalgúns sistemas non se poden usar certos nomes. Debido a todo isto, o BSD ftp define regras para a tradución de nomes.

Mensaxes FTP[editar | editar a fonte]

O FTP permite dous modos de transferencia de mensaxes FTP, 'texto' (con traducións apropiadas) ou 'binario' (sen tradución). Cada mensaxe do servidor inclúe un identificador decimal de 3 díxitos (exemplo: 226 Transfer complete). Estas mensaxes poden ser vistas ou non, usando para iso o modo 'verbose' ou 'quiet', respectivamente.

Modo cliente-servidor do FTP[editar | editar a fonte]

O servidor remoto acepta unha conexión de control do cliente lugar. O cliente envía comandos para o servidor e a conexión persiste ao longo de toda a sesión (tratándose así dun protocolo que usa o TCP).

O servidor cría unha conexión de datos para a transferencia de datos, criándose unha conexión para cada ficheiro transferido. Estes datos son transferidos ben do servidor ao cliente, ou ben ao contrario.

Os comandos están separados dos datos e o cliente pode enviar comandos durante a transferencia de datos. O peche da conexión indica o fin do ficheiro.

Lista de Comandos FTPs[editar | editar a fonte]

Os comandos baixo poden ser corridos no FTP através da liña de comando. Os comandos do FTP poden ser abreviados, desde que non formen expresións ambíguas.


Podemos ver a seguir un conxunto típico de comandos do FTP obtidos directamente através do comando help.

ftp> help

Os comandos poden estar abreviados. Seguen os comandos:

 ! delete literal prompt send
 ? debug ls put status
append dir mdelete pwd trace
ascii disconnect mdir quit type
bell get mget quote user
binary glob mkdir recv verbose
bye hash mls remotehelp
cd help mput rename
close lcd open rmdir

Lista de clientes FTP[editar | editar a fonte]

Lista de servidores FTP[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]