Ambiente gráfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de GUI en sistemas Linux.

En informática, interface gráfica do usuario (abreviadamente, a sigla GUI, do inglés Graphical User Interface) é un mecanismo de interacción home-computador. Cun rato ou teclado o usuario é capaz de seleccionar eses símbolos e manipulalos para obter algún resultado práctico. Eses signos son designados como widgets e son agrupados en kits.

Ambiente Gráfico é un software feito para facilitar e tornar prático o uso do computador a través de representacións visuais do Sistema operativo.

Para Windows só existe o ambiente gráfico padrón. Nas versións Windows Vista existe a chamada Windows Aero, co principal recurso Flip 3D. Para Linux, varios ambientes gráficos, entre eles, o KDE, Gnome, BlackBox, Xfce, etc., ademais de ter a opción de non precisar usar ambientes gráficos. Para prover a funcionalidade do ambiente gráfico existen programas como X.org ou XFree86.