IEEE 802.11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Protocolo estándar hoxe en redes wireless (sen fío) para ordenadores; traballa na banda de frecuencias de 2400 Mhz, non necesitando autorización especial para funcionamento (a mesma frecuencia dos teléfonos sen fíos domésticos). Tornouse estándar nos últimos anos traballando nas seguintes modalidades 802.11a, 802.11b e 802.11g que corresponden respectivamente a 54 Mbits, 11 Mbits e 54 Mbits de velocidade máxima de transferencia. Moi usado nos chamados HOT SPOT, están hoxe en día en todas partes, como universidades, aeroportos, hoteis, restaurantes, cafés, supermercados, empresas, residencias etc.

802.11a[editar | editar a fonte]

Chega a alcanzar velocidades de 54 Mbps dentro dos estándares IEEE e de 72 a 108 Mbps por fabricantes non estándar. Esta rede opera na frecuencia de 5 GHz e inicialmente soporta 64 utilizadores por Punto de Acceso (PA). As súas principais vantaxes son a velocidade, a gratuidade da frecuencia que é usada e a ausencia de interferencias. A maior desvantaxe é a incompatibidade cos estándares IEEE 802.11 b e g.

802.11b[editar | editar a fonte]

Alcanza unha velocidade de 11 Mbps estandarizada polo IEEE e unha velocidade de 22 Mbps ofrecida por algúns fabricantes non estandarizados. Opera dentro da frecuencia de 2.4 GHz. Inicialmente soporta 32 utilizadores por PA. Un punto negativo neste estándar é a alta interferencia tanto na transmisión como na recepción de sinais, porque funciona a 2,4 GHz, o mesmo que os teléfonos móbiles, fornos microondas e dispositivos Bluetooth. E o lado positivo é o baixo prezo dos seus dispositivos, a gratuidade da banda e a dispoñibilidade gratuita en todo mundo.

802.11d[editar | editar a fonte]

Habilita o hardware de 802.11 operar en varios países onde non pode operar hoxe por problemas de compatibilidade -por exemplo, o IEEE 802.11a non opera en Europa.

802.11f[editar | editar a fonte]

Recomenda práctica de equipamentos de WLAN para os fabricantes de tal forma que os Acces Points (APs) poidan interoperar.

802.11g[editar | editar a fonte]

Baséase na compatibilidade cos dispositivos 802.11b e ofrece unha velocidade de 54 Mbps. Funciona dentro da frecuencia de 2,4 GHz. Ten os mesmos inconvenientes do estándar 802.11b (incompatibilidades con dispositivos de diferentes fabricantes). As vantaxes tamén son as mesmas do 802.11b (maior velocidade). Usa autenticación WEP estática

802.11h[editar | editar a fonte]

Soporta medidas e xestión en sinais de 5 GHZ nas redes WLANs con estándar 802.11a.

802.11i[editar | editar a fonte]

o IEEE ratificou o estándar IEEE 802.11i, que trae, de forma intrínseca, as primitivas de seguranza aos protocolos IEEE 802.11b, 802.11a e 802.11g de Wireless LAN (WLAN).

802.11k[editar | editar a fonte]

Posibilita un medio de aceso para Acces Points (APs) transmitir datos de xerenciamento.

802.11n[editar | editar a fonte]

Fase final de homologación.

Ten un ancho de banda de 104Mbps e opera na faixa de 2,4 Ghz e 5 Ghz

Promete ser o estándar wireless para distribución de media, pois ofrecerá, a través de configuracións MIMO, taxas máis altas de transmisión (ata 500 Mbps), maior eficiencia na propagación do sinal e ampla compatibilidade reversa cos demais protocolos. O 802.11n atende tanto as necesidades de transmisión sen fio para o estándar HDTV, como dun ambiente altamente compartillado, empresarial ou non.

802.11r[editar | editar a fonte]

Estandariza o handoff rápido para que un cliente wireless, que se está movendo dun punto de aceso a outro na mesma rede, se reasocie.

802.11s[editar | editar a fonte]

Estandariza "self-healing/self-configuring" nas Redes Mesh (malla) fdf.

Canles e frecuencias do wi-fi[editar | editar a fonte]

Gráfica coas frecuencias en canles dispoñibles.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wi-fi


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.