Fernando Montero Doiztua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Montero Doiztua
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor em Wikidata (133/134 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fernando Montero Doiztua, nado en Oviedo cara 1890, foi un enxeñeiro, xornalista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro industrial da Compañía Telefónica. Foi funcionario da Deputación de Cáceres, militou no Partido Reformista e colaborou nos periódicos El Bloque, El Reformista e Uno más.[1] Nos anos dez foi director da Oficina Técnica de Lugo. Dirixiu na Coruña o semanario Región Gallega (1924) fundado por José Miñones Bernárdez, fundou e dirixiu a revista Galicia (1924-1926) e a súa continuadora Galicia Gráfica (1926-1929). En 1930 estaba destinado en Sevilla; foi delegado de Traballo en León durante dous anos, e en setembro de 1935 foi nomeado inspector xefe de Traballo de Pontevedra.[2][3] En abril de 1936 foi nomeado inspector provincial de traballo da Coruña.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na Prisión provincial de Salamanca o 21 de febreiro de 1938. Trasladado a Coruña o 28 de febreiro para ser xulgado por rebelión na causa 1303/37, foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Foi separado definitivamente do servizo como inspector de traballo en 1938.[5] Preso na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade condicional en maio de 1941.[6] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[7] Instalado en Vigo, redactou un proxecto para unha exposición Hispano-Americana que se realizaría en Vigo en 1951.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Sada con Emilia López Correa en 1917.[9] Emilia morreu en Lugo o 19 de outubro de 1918.[10] Fernando volveu casar en León con Josefina de Paz del Río en 1930.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Montero de Doizfúa, Fernando
  2. El Pueblo Gallego, 5-9-1935, p. 13.
  3. El Pueblo Gallego, 14-9-1935, p. 8.
  4. La Voz de Galicia, 3-4-1936, p. 7.
  5. BOE, 13-6-1938, p. 7.834.
  6. BOE, 31-1-1941, p. 3888.
  7. BOE, 3-1-1941, p. 56.
  8. La Noche, 26-11-1947, p. 3.
  9. El Progreso, 29-9-1916, p. 2.
  10. El Progreso, 20-10-1918, p. 2.
  11. El Progreso, 23-3-1930, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]