Felicia Langer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFelicia Langer

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pl) Felicja-Amalia Langer Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Tarnów, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xuño de 2018 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Tubinga, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia
Alemaña
Israel Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén - dereito (–1965) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , activista , avogada , Activista polos dereitos humanos , avogada defensora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Israel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea, lingua polaca e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

Felicia Langer, nada en Tarnów (Polonia) o 9 de decembro de 1930 e finada en Tubinga o 21 de xuño de 2018, foi unha avogada e activista polos dereitos humanos alemá-israelí, coñecida pola súa defensa dos presos políticos palestinos en Cisxordania e na Franxa de Gaza. Escribiu varios libros alegando violacións dos dereitos humanos por parte das autoridades de Israel. Viviu en Alemaña dende 1990 e adquiriu a cidadanía alemá en 2008. En xullo de 2009, o presidente alemán Horst Köhler concedeulle a Cruz Federal do Mérito de primeira clase, o quinto rango máis alto da orde federal.[1] O galardón provocou unha controversia pública a cause da súa actitude no conflito árabe-israelí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Felicia-Amalia Langer naceu de pais xudeus na vila polaca de Tarnów en 1930. En 1939, a súa familia fuxiu da invasión alemá á Unión Soviética, onde o seu pai acabou morrendo nun gulag de Stalin. Outros dos seus familiares foron asasinados polos nazis. En 1949 casou en Wrocław con Mieciu Langer, supervivente dun campo de concentración e que perdera toda a súa familia no holocausto.

Vida en Israel[editar | editar a fonte]

En 1950, a parella emigrou a Israel, onde naceu o seu fillo en 1953. En 1959 comezou a estudar dereito na Universidade Hebrea de Xerusalén. Traballou brevemente para unha firma de avogados de Tel Aviv, mais abriu o seu propio despacho en 1966. Opúxose á ocupación israelí de Cisxordania e a Franxa de Gaza, e por iso estableceu un bufete privado en Xerusalén para defender os políticos palestinos detenidos. Langer foi a primeira avogada que axudou os palestinos en casos sobre confiscación de terras, demolición de domicilios, deportación e tortura perante os tribunais militares israelís.[2]

Langer gañou casos con pouca frecuencia nos seus vinte e tres anos de carreira. En 1977 perdeu a licenza para defender obxectores de conciencia israelís perante os tribunais de Israel e podía ser excluída en calquera momento por motivos de seguridade. Langer considerou como o punto máis alto da súa carreira a defensa con éxito en 1979 do alcalde de Nablus, Bassam Shaka. Shaka apoiara a Organización para a Liberación de Palestina e criticara os Acordos de Camp David; fora acusado de incitar ao terrorismo polas súas afirmacións e recibira unha orde de expulsión. Langer defendeuno con éxito, e a orde de expulsión foi anulada polo Tribunal Supremo de Israel.[3] Durante moitos anos, Langer foi vicepresidenta da Israeli League for Human and Civil Rights. Posteriormente uniuse ao Partido Comunista de Israel, facendo parte do comité central.[4]

En 1990 abandonou o partido despois dun conflito interno pola súa orientación, pechou os seus despachos e mudouse a Alemaña co seu marido. Nunha entrevista en The Washington Post, Langer dixo que o deixara porque os palestinos non podían agardar xustiza en Israel.[5]

Vida en Alemaña[editar | editar a fonte]

Dende 1990, viviu en Tubinga, Baden-Württemberg, e adoptou a cidadanía alemá en 2008. Aceptou postos de docente nas universidades de Bremen e Kassel e continuou a escribir libros que foron traducidos a varias linguas. Nos seus escritos, conferencias e entrevistas criticou a política israelí nos territorios ocupados, que consideraba equivalente a unha anexión. Indicou que a construción de asentamentos israelís en Cisxordania socavaba a posibilidade dunha solución con dous estados.

En 1990 recibiu o Right Livelihood Award por "o exemplar valor da súa defensa dos dereitos básicos do pobo palestino".[6] En 1991 recibiu o premio Bruno Kreisky polo seu destacado labor na área dos dereitos humanos.[7] En 2005 foille outorgado o premio Erich Mühsam pola súa loita continuada polos dereitos humanos dos palestinos.[8]

Apoiou ademais a Campaña polo Establecemento da Asemblea Parlamentaria das Nacións Unidad, organización que propón unha reforma democrática das Nacións Unidas.[9]

Pasamento[editar | editar a fonte]

Felicia Langer faleceu o 21 de xuño de 2018 aos 87 anos en Tubinga.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1][Ligazón morta]
  2. "Felicia Langer". felicia-langer.de. Consultado o 24 de xullo de 2016. 
  3. "A portrait of Felicia Langer". Al-Ahram weekly. Arquivado dende o orixinal o 2010-08-12. Consultado o 9 de marzo de 2010. 
  4. "MIDDLE EAST: Arafat's Nudge". Time. 6 de outubro de 1980. Arquivado dende o orixinal o November 25, 2010. Consultado o 2 de maio de 2010. 
  5. Journal of Palestine Studies Volume XIX, no 4 (76) Summer 1990, pg. 212. cites Washington Post, 13 de maio de 1990.
  6. "Felicia Langer (Israel)". The Right Livelihood Award. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2010. Consultado o 9 de marzo de 2010. 
  7. "Bruno Kreisky Prize 1991". Bruno Kreisky Foundation for Human Rights. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 9 de marzo de 2010. 
  8. "Erich-Mühsam-Preis". Consultado o 9 de marzo de 2010. 
  9. "Supporters: Campaign for a UN Parliamentary Assembly". Campaign for a UN Parliamentary Assembly. Consultado o 26 de setembro de 2017. 
  10. Im Gedenken an eine große Humanistin: Felicia Langer, diefreiheitsliebe.de; consultado o 22 de xuño de 2018 (en alemán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]