Estercoráridos
| Papamerdas | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Palleira parasita |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
| Especies | |||||||||||||
|
Véxase texto |
|||||||||||||
Os estercoráridos (Stercorariidae) son unha familia de aves da orde Charadriiformes coñecidas vulgarmente como palleiras ou papamerdas. Os papamerdas están emparentados coas gaivotas, as aves zancudas e as curtaaugas.
Índice |
Características [editar]
En xeral, son aves de tamaño medio a grande, cunha plumaxe tipicamente agrisada ou marrón, e a miúdo presentan unhas manchas brancas nas ás. O seu peteiro é bastante longo, coa punta curvada, e os seus pés son palmeados con poutas afiadas. Os papamerdas psemellan gaivotas grandes e escuras, mais posúen unha membrana carnosa ou cera sobre a mandibula superior que a diferenza destas. Son aves fortes e acrobáticas.
Historia natural [editar]
Son aves mariñas que aniñan en rexións tépedas e árticas, e son aves migratorias de longa distancia.
Fóra da época de reprodución aliméntanse de pixes e prea. Moitos son cleptoparásitos parciais e cazan gaivotas, carráns e outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas; as especies de maior tamaño a miúdo matan e aliméntanse de aves adultas, que poden acadar o tamaño do gaivotón atlántico. Nas zonas de cría, aliméntanse normalmente de lemmings, e de ovos e crías doutras aves.
Taxonomía [editar]
Nas tres especies máis pequenas (todas elas holárticas) as aves reprodutivas posúen as dúas plumas centrais da cola claramente alongadas e polo menos algúns adultos teñen as partes inferiores de cor branca e o pescozo de cor amarelo claro, características estas que as especies de maior tamaño (todas orixinarias do Hemisferio Sur agás o palleira grande) non comparten. Por tanto, os papamerdas divídense a miúdo en dous xéneros: Stercorarius, ao que só pertencen as especies de menor tamaño, e Catharacta, ao que pertencen as especies de maior tamaño. Con todo, non existe unha base xenética para esta separación. De feito, o ADN mitocondrial (que se herda só da nai) do papamerda pomarino e o do palleira grande presentan máis afinidades entre si que co do papamerda palanquín ou calquera das especies do Hemisferio Sur. Así pois, a hibridación debe xogar un papel importante na evolución da diversidade dos papamerdas do Hemisferio Norte.
Especies [editar]
Coñécense sete especies de Stercorarius:[1]
- Stercorarius longicaudus, Palleira rabilonga
- Stercorarius parasiticus, Palleira parasita
- Stercorarius pomarinus, Palleira pomarina
- Stercorarius chilensis
- Stercorarius maccormicki
- Stercorarius antarctica
- Stercorarius skua, Palleira grande
As catro derradeiras especies clasifícanse ás veces no xénero Catharacta.[2]
Notas [editar]
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html.
- ↑ BirdLife International 2008. Stercorariidae. In: IUCN 2008. 2008 IUCN Rede List of Threatened Species
- Harrison, Peter Seabirds: An Identification Guide ISBN 0-7470-1410-8