Palleira parasita
A palleira parasita (Stercorarius parasiticus), tamén chamada papamerda palanquín, é unha ave mariña da familia das Stercorariidae.
Esta especie vive no norte de Eurasia e en Norteamérica, con grandes e significativas poboacións tanto no sur como no norte de Escocia. Constrúe o seu niño na seca tundra, penas e illas, cunha posta de catro ovos dunha cor pardo oliva. Normalmente é un paxaro silencioso salvo cando se sinte asustado.
Aínda que non é perigoso, é unha criatura agresiva cando se sinte ameazada. No inverno migra cara os mares tropicas e océanos do sur
Nas Illas Británicas vive en Shetland e en Orkney, así como nas Hébridas, Sutherland, Caithness e outras illas.
Aliméntase de lemmings e outros roedores e rouba as presas doutras aves mariñas como as gaivotas.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- IUCN: 2006, asesores: BirdLife International. 2004. id: 49207. Stercorarius parasiticus, downloaded: 12 mayo 2006.
- Peter Harrison: Seabirds of the World. Princeton University Press 1996. ISBN 0-691-01551-1
- John Bull e John Farrand, Jr.: The Audubon Society Field Guide to North American Birds, Eastern Region. Alfred A. Knopf, Nova York 1984. ISBN 0-394-41405-5