Erase Errata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erase Errata
OrixeSan Francisco,
Período1999 - presente
Xénero(s)post-punk revival, rock alternativo, noise rock, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Troubleman Unlimited, Kill Rock Stars, Lungcast
MembrosJenny Hoyston
Ellie Erickson
Bianca Sparta
Antigos membrosSara Jaffe
Archie McKay
Artistas relacionadosCalifornia Lightening, Anxious Rats, Paradise Island
Na rede
eraseerrata.com
Facebook: eraseerrata Bandcamp: eraseerrata Last fm: Erase+Errata Musicbrainz: f2aa3d25-8237-483b-ae41-bf15e5e348bd Songkick: 323515 Discogs: 80777 Allmusic: mn0000800193 Editar o valor em Wikidata

Erase Errata é unha banda de rock alternativo estadounidense procedente de San Francisco. Adoitan citar a Captain Beefheart, The Fall e Minutemen como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.

Historia[editar | editar a fonte]

Erase Errata formouse en Oakland en 1999 e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, Erase Errata, e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl Le Tigre e ao grupo de noise rock Melt Banana. Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum Other Animals en 2001, seguido de At Crystal Palace en 2003, ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con Sonic Youth, Mission of Burma e The Ex entre os seus seareiros.

Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en 2004, a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda viuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano 2006 editaron o álbum Nightlife, pasando a formar parte dos conxuntos do selo Kill Rock Stars.

Tras o lanzamento no ano 2010 do sinxelo "Damaged" a banda pasou un período de catro anos inactiva. O día 20 de xaneiro do ano 2015 Erase Errata publicou o seu cuarto álbum de estudio, Lost Weekend, a través do seu propio selo Under the Sun.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Other Animals 2001 Troubleman Unlimited
At Crystal Palace 2003 Troubleman Unlimited
Nightlife 2006 Kill Rock Stars
Lost Weekend 2015 Under the Sun

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "Erase Errata Return With New Album Lost Weekend. Share "My Life in Shadows"". Consultado o 20 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]