Emilio Mac Gregor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emilio Mac Gregor, nado en Cidade de México en 1962 e falecido na Coruña o 16 de febreiro de 2008, foi un director de cine e televisión galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Neto de galegos de Lugo e de escoceses, fillo do actor e director mexicano Eduardo Mac Gregor e dunha exiliada republicana galega, Emilio Mac Gregor naceu en México pero aos dez anos viaxou a Madrid, seguindo o traballo de seu pai. Despois dun ano nos Países Baixos, 1973, regresou á capital de España, onde logo de estudar filosofía tomou contacto co mundo do cine. Voltou a México como consecuencia do tremor de terra de México, e nos anos oitenta marchou de novo a España para comezar a traballar en televisión, como técnico no programa Lo + Plus da recén creada cadea Canal +.

En 1999 veu a Galicia a traballar como realizador da serie Mareas vivas. Seguiu na produción da serie ata o ano 2002. Tamén dirixiu outros produtos para a Televisión de Galicia, así como diversos documentais e curtametraxes.

[editar] Filmografía

  • E punto! (2005), curtametraxe dentro de Hai que botalos!
  • O que dis que din (2003), documental
  • Vida nas mareas (2000), documental
  • La luz que me ilumina (1999)

[editar] Ficción para televisión

[editar] Televisión

  • El tercer tiempo (Canal+)
  • El día después (Canal+)
  • Lo más + (Canal+)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas