Eleccións Xerais 1977 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Eleccións xerais de 1977")

As Eleccións Xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos dende as últimas eleccións celebradas en democracia.

Nestas eleccións o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo Rei en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

Resultados[editar | editar a fonte]

Un Felipe González mozo, lidera o PSOE dende 1974 e é cabeza de lista deste partido, obtendo a segunda posición con 120 escanos. O PCE, liderado por Santiago Carrillo, obtivo o terceiro posto nas eleccións con 20 deputados. Manuel Fraga, quen fora Ministro Portavos e Ministro de Turismo durante os anos da ditadura de Franco e, posteriormente, vicepresidente e Ministro do Interior do primeiro goberno do Rei Juan Carlos I, lidera a Federación de Partidos de Alianza Popular que, representando o franquismo ideolóxico aínda que non ultra, obtivo 16 deputados.

O Partido Socialista Popular do profesor Enrique Tierno Galván concorre ás eleccións con varios partidos que formaran parte da Federación de Partidos Socialistas, baixo o nome de Unidad Socialista, e obtén 6 escanos.

A Federación de la Democracia Cristiana, liderada por Joaquín Ruiz-Giménez non consegue ningún escano, nin tampouco a ultradereita. Non sucede o mesmo con algúns partidos nacionalistas (PNV, Esquerra de Catalunya, etc)

Estas son as Cortes que redactarían a Constitución de 1978.

  • Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foi:

Eleccións Xerais, 15 de xuño de1977

Partido Votos % Escanos
Unión de Centro Democrático (UCD) 6.310.391 34,44 166
Partido Socialista Obrero Español 5.371.866 29,32 118
Partido Comunista de España 1.709.890 9,33 19
Alianza Popular (AP) 1.504.771 8,21 16
Pacte Democràtic per Catalunya (PDPC) 514.647 2,81 11
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 296.193 1,62 8
Partido Socialista Popular-Unidad Socialista (PSP-US) 816.582 4,46 6
Unió del Centre i de la Democràcia Cristiana de Catalunya (UDC-DCC) 172.791 0,94 2
Esquerra de Catalunya (EC) 143.954 0,79 1
Euskadiko Ezkerra (EE) 61.417 0,34 1
Candidatura Aragonesa Independiente de Centro (CAIC) 37.183 0,20 1
Candidatura Independiente de Centro (CIC) 29.834 0,16 1

As eleccións en cifras[editar | editar a fonte]

Partidos maioritarios por provincias nas Eleccións Xerais de 1977.

O 15 de xuño, estaban inscritos no censo electoral 23.583.762 persoas, das cales un 78,83 % votou e un 21,17 % abstívose.

  • Outras cifras:
    Votos válidos: 98,57 %
    Votos nulos: 1,43 %
    Votos a candidaturas: 99,75 %
    Votos en branco: 0,25 %

Deputados electos ao Congreso[editar | editar a fonte]

Andalucía[editar | editar a fonte]

  • UCD 27
  • PSOE 27
  • PCE 5
  • PSA 1

Aragón[editar | editar a fonte]

  • UCD 7
  • PSOE 5
  • PSP 1
  • CAIC 1

Asturias[editar | editar a fonte]

  • UCD 4
  • PSOE 4
  • PCE 1
  • AP 1

Baleares[editar | editar a fonte]

  • UCD 4
  • PSOE 2

Canarias[editar | editar a fonte]

  • UCD 10
  • PSOE 3

Cantabria[editar | editar a fonte]

  • UCD 3
  • PSOE 1
  • AP 1

Castela-A Mancha[editar | editar a fonte]

  • UCD 12
  • PSOE 8
  • AP 1

Castela e León[editar | editar a fonte]

  • UCD 25
  • PSOE 8
  • AP 2

Cataluña[editar | editar a fonte]

  • PSC 15
  • PDC 11
  • UCD 9
  • PSUC 8
  • UCDCC 2
  • EC 1
  • AP 1

Comunidade Valenciana[editar | editar a fonte]

  • PSOE 13
  • UCD 12
  • PCE 2
  • AP 1
  • PSP 1

Ceuta[editar | editar a fonte]

  • UCD 1

Estremadura[editar | editar a fonte]

  • UCD 8
  • PSOE 4

Galicia[editar | editar a fonte]

  • UCD 20
  • AP 4
  • PSOE 3

A Rioxa[editar | editar a fonte]

  • UCD 2
  • PSOE 1
  • AP 1

Madrid[editar | editar a fonte]

  • UCD 11
  • PSOE 11
  • PCE 4
  • AP 3
  • PSP 3

Melilla[editar | editar a fonte]

  • UCD 1

Murcia[editar | editar a fonte]

  • UCD 4
  • PSOE 4

Navarra[editar | editar a fonte]

  • UCD 4
  • PSOE 3

País Vasco[editar | editar a fonte]

  • PNV 9
  • PSOE 7
  • UCD 4
  • EE 1
  • AP 1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Lexislatura Constituínte de España