Heribert Barrera
Heribert Barrera i Costa, nado en Barcelona o 6 de xullo de 1917 e falecido na mesma cidade o 27 de agosto de 2011[1][2][3] foi un químico, político catalán, e primeiro presidente do Parlamento de Cataluña dos tempos da recuperación democrática. Era fillo de Martí Barrera, quen fora deputado no Parlamento catalán e conseller da Generalitat de Cataluña.
Índice |
Traxectoria [editar]
Barrera licenciouse en química pola Universidade de Barcelona nos tempos da II República Española[4]. En 1934 entra a formar parte da Federació Nacional d'Estudiants de Catalunya e do Bloc Escolar Nacionalista.[5], dúas organizacións xuvenís do nacionalismo catalán. En 1935 ingresa nas Mocidades de Esquerra Republicana de Catalunya. Cando estoura a Guerra Civil Española alístase co bando republicano, e loita na Fronte do Ebro[6] formando parte da artillería. Meses antes do triunfo do bando liderado polo xeneral Franco, en febreiro de 1939, Barrera exíliase a Francia, onde permanecerá ata o ano 1952[7].
Nos anos corenta e cincuenta séguese formando, e á licenciatura en químicas suma a de matemáticas e a de enxeñaría química pola Universidade de Montpellier e o doutoramento en física pola Sorbona de París[8]. Posteriormente convértese en profesor axudante da facultade de Ciencias da Universidade de Montpellier, onde imparte a asignatura de electroquímica. Foi agregado de investigación do Centre National de la Recherche Scientifique francés, a máxima institución investigadora de Francia, e bolseiro postdoutoral na Universidade de New Hampshire. Nestes primeiros anos contribúe a reorganizar Esquerra Republicana de Catalunya no exilio, e cando regresa a Cataluña, no interior, de forma clandestina[9].
En 1952 volve a Barcelona como profesor de química inorgánica na Universidade Autónoma de Barcelona e no ano 1970 consegue a cátedra[10]. Durante ese tempo foi autor de artigos científicos en revistas internacionais, así como de política na prensa catalá e internacional. En 1949 recibiu o premio Prat de la Riba do Institut d'Estudis Catalans por unha pescuda sobre a síntese dos ácidos arilalifáticos.
En 1976 convértese no máximo dirixente de ERC en Cataluña e o secretario xeral do partido. En 1977 ingresa como membro do Consell Català del Moviment Europeu e nese mesmo ano resulta elixido deputado no Congreso dos Deputados, pola circunscrición de provincia de Barcelona, o único da súa candidatura, fronte aos 11 que colleita a candidatura centrista de Jordi Pujol. En 1980, porén, e tamén á fronte da súa formación, consegue 14 escanos nas eleccións ao Parlamento catalán, co que abandona as Cortes de Madrid, onde é substituído por Josep Pi-Sunyer. Na constitución da cámara catalá foi elixido presidente do Parlamento de Cataluña, o primeiro da restauración da democracia.
Nas eleccións catalás de 1984 ERC sofre unha severa derrota ao perder a metade dos votos e 9 de 14 deputados, quedando só con 5, entre eles, o do propio Barrera, que encabezaba a candidatura por Barcelona. En 1987 abandona a secretaría xeral de ERC, e permanecerá apartado da política ata que en 1991 regrese para encabezar a candidatura de ERC ao Parlamento Europeo, onde sae elixido eurodeputado. Tamén nese ano, 1991, pasa a ocupar o cargo honorífico de presidente de Esquerra, onde permanecerá durante catro anos, ata 1995.[11].
Ao abandonar Bruxelas en 1994, Barrera pasa a ocupar un papel discreto e de honra na política catalá, con espaciados posicionamentos públicos. En 2001 publica o libro Què pensa Heribert Barrera?, onde sinalaba que a inmigración facía perigar o futuro de Cataluña[12]. O propio Barrera moderou estes pareceres en entrevistes posteriores[13]. En 2009 Barrera expresou publicamente o seu afastamento das posicións da dirección da súa formación, ERC, e sen deixar de militar nela apoiou publicamente a escisión, partidaria dunha aceleración das propostas independentistas, encabezada por Joan Carretero[14][15].
O 10 de xullo de 2010, Barrera encabezou, a canda outros líderes políticos cataláns históricos e contemporáneos (José Montilla, Pasqual Maragall, Jordi Pujol, Ernest Benach e Joan Rigol) unha manifestación pro-autonomista de grande relevancia en Cataluña, baixo o lema Som una nació. Nosaltres decidim (Somos unha nación. Nosoutros decidimos)[16][17].
Galardóns [editar]
- (2000). Medalla de Honra do Parlamento de Cataluña..[18].
- Presidente da Societat Catalana de Ciències Físiques, Químiques i Matemàtiques e da sección de ciencias do Institut d'Estudis Catalans. Membro da Societé Française de Chimie e da American Chemical Society[19]. Presidente do Club d'Amics de la Unesco de Barcelona, presidente (1989-1997) e presidente de honra do Ateneu Barcelonès e presidente da Associació d'Antics Diputats al Parlament de Catalunya (1997-2003). Membro do consello consultivo de Òmnium Cultural.[20].
Notas [editar]
- ↑ Mor l'històric Heribert Barrera, epuntl primer president del Parlament restaurat, Diari Ara, 27 de agosto de 2011.
- ↑ Un segle de lluita en tots els fronts, Diari Ara, 27 de agosto de 2011.
- ↑ Mor Heribert Barrera, després d'una vida de lluita nacional, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
- ↑ Heribert Barrera i Costa, Enciclopèdia. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana
- ↑ El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
- ↑ El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
- ↑ Heribert Barrera i Costa, Enciclopèdia. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana
- ↑ Heribert Barrera i Costa, Enciclopèdia. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana
- ↑ El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
- ↑ Heribert Barrera i Costa, Enciclopèdia. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana
- ↑ Heribert Barrera i Costa (1980 - 1984), Web do Parlamento de Cataluña.
- ↑ Es mor Heribert Barrera, Vilaweb, 27 de agosto de 2011.
- ↑ Carod-Rovira demana a Barrera que aturi en les seves declaracions, Vilaweb, 2 de marzo de 2001.
- ↑ Un segle de lluita en tots els fronts, Diari Ara, 27 de agosto de 2011.
- ↑ El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
- ↑ Èxit incontestable d'una jornada històrica, VilaWeb, 10/9/2010.
- ↑ El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
- ↑ Heribert Barrera i Costa (1980 - 1984), Web do Parlamento de Cataluña.
- ↑ El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
- ↑ El caràcter republicà, El Punt Avui, 28 de agosto de 2011.
Véxase tamén [editar]
Bibliografia [editar]
- VILA, Enric. Què pensa Heribert Barrera?. Barcelona: Edicions Proa, 2001.
- SINCA, Genís. Heribert Barrera, l'últim republicà. Columna Edicions, 2006.
Ligazóns externas [editar]
- Heribert Barrera i Costa, biografia na web do Parlamento de Cataluña.
- Heribert Barrera a (S)avis de TV3.
| Predecesor: Francesc Farreres |
Presidente do Parlamento de Cataluña 1980 – 1984 |
Sucesor: Miquel Coll |