El Desengaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Desengaño
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

El Desengaño foi un periódico galego que se editou en Vigo entre 1872 e 1873.

Historia e características[editar | editar a fonte]

La Caridad, Revista semanal de ciencias, arte, literatura, teatros y salones, cuyo producto se dedica al hospicio de Vigo, cambiou o seu título a partir do número 24 por El Desengaño. Dirixida por Luis A. Mestre Hernández e despois por Antonio Bacelar Besteiro, entre os seus colaboradores figuraron Valentín Lamas Carvajal, Xoán Manuel Pintos, Alberto Camino, Nicolás Taboada Leal, Juan Neira Cancela e Emilia Calé. Publicou artigos de carácter social, económico ou artístico, crítica de libros, xeroglíficos, contos, lendas, poemas e estudos históricos. Cesou o 29 de setembro de 1873.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]