Antonio Bacelar Besteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Bacelar Besteiro
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata (143/144 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Cardenal Cisneros Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , emprendedor Editar o valor em Wikidata

Antonio Bacelar Besteiro foi un avogado, xornalista e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi director de El Desengaño,[1] correspondente en Vigo de El Diario de Santiago e redactor de La Concordia.[2] Foi secretario do Xulgado da Cañiza. Foi correspondente na Cañiza de Aires d’a Miña Terra de Buenos Aires. Fundou e dirixiu o periódico La Cañiza (1932-1934). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi nomeado delegado local de Prensa e Propaganda de Falange Española Tradicionalista y de las JONS na Cañiza en decembro de 1937.[3] Foi nomeado xuíz municipal substituto da Cañiza en 1950.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1877 con Dolores Vesteiro Torres, irmá de Teodosio Vesteiro Torres.[5] Casou en segundas nupcias con María Queimadelos en maio de 1906.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Heraldo Gallego, 5-10-1877, p. 8.
  2. El Diario de Santiago 5-2-1876, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 16-12-1937, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 1-10-1950, p. 6.
  5. El Diario de Santiago, 14-3-1877, p. 2.
  6. El Eco de Santiago, 28-5-1906, p. 1.