Edward Carson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Carson.

Sir Edward Carson, nado como Edwar Henry Carson o 9 de febreiro de 1854 en Dublín (Irlanda) e finado o 22 de outubro de 1935 en Kent (Inglaterra), foi líder dos unionistas irlandeses, ademais de avogado e xuíz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carson naceu no seo dunha adiñeirada familia protestante de Dublín. Estudou Dereito no Trinity College de Dublín. Comezou a súa carreira política en 1892, cando foi elixido Procurador Xeral (Solicitor-Xeral) por Irlanda, aínda que entón nin sequera era membro da Cámara dos Comúns. Foi elixido membro do Parlamento pola Universidade de Dublín ese mesmo ano, como unionista, aínda que o seu partido perdese as eleccións fronte aos liberais.

Foi nomeado Procurador Xeral por Inglaterra en 1900, sendo nomeado cabaleiro ex officio. sostivo este cargo ata que o goberno conservador dimitiu en 1905, pasando a ser membro do consello privado do reino.

En 1910, a petición de James Craig, aceptou o liderado dos unionistas. O 28 de setembro de 1912 foi o primeiro asinante do Pacto do Ulster]], mediante o cal os unionistas comprometíanse a impedir a aplicación da Home Rule "con todos os medios necesarios". En xaneiro de 1913 fundou a Ulster Volunteer Force (UVF) -Forza Voluntaria do Ulster-, o primeiro grupo lealista de natureza paramilitar. A pesar dos esforzos de Carson, a Home Rule foi finalmente aprobada, pero o inicio da Gran Guerra impediu a súa aplicación.

O 25 de maio de 1915, Asquith nomeouno Fiscal Xeneral dentro do goberno de coalición formado tras a caída do goberno liberal. Con todo, renunciou ao cargo o 19 de outubro, pola súa oposición á política que o goberno estaba seguindo nos Balcáns, durante a Primeira Guerra Mundial. Cando Ashquit dimitiu, volveu ao goberno como Primeiro Lord do Almirantado e Ministro sen carteira.

A principios de 1918 decidiuse estender o servizo militar obrigatorio a Irlanda, aprobándose a Home Rule como contrapartida. Carson non estivo de acordo, dimitindo novamente o 21 de xaneiro de 1918. Deixou o seu escano pola Universidade de Dublín e presentouse por Belfast. Continuou liderando aos unionistas, pero cando finalmente en 1920 aprobouse a Home Rule (baixo o nome de Lei de Goberno de Irlanda), impulsou ao seu partido para que traballase por evitar que os seis condados do Ulster estivesen baixo a lexislación da nova Home Rule. Este obxectivo conseguiuse cando Irlanda se dividiu e abriuse o Parlamento de Irlanda do Norte.

Carson, xa desde ese momento, advertiu que a marxinación dos católicos en Irlanda do Norte acabaría por desestabilizar a rexión, como finalmente acabou ocorrendo.

Como avogado, defendeu ao Marqués de Queensberry tras ser denunciado nun folleto por Oscar Wilde, dándose a circunstancia de que Wilde e Carson eran rivais desde o Trinity College.

Lord Carson retirouse da política en 1929. Tras a súa morte, o goberno de Irlanda do Norte rendeulle un funeral con honras de Xefe de Estado. O seu corpo foi enterrado na Catedral de Santa Ana de Belfast, sendo ata agora a única persoa que recibiu tal honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]