Edurne Portela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdurne Portela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Edurne Portela Camino Editar o valor em Wikidata
1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Santurtzi, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (–2003)
Universidade de Navarra - historia (–1997) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, filoloxía, Latino literature (en) Traducir e Escrita creativa e profesional Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , filóloga , historiadora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Lehigh (pt) Traducir (2003–2015)
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (1997–2001) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webedurneportela.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9133668 Twitter: edurne_portela Editar o valor em Wikidata

Miren Edurne Portela Camiño, nada en Santurtzi (Biscaia) en 1974, é unha historiadora, filóloga, docente universitaria, ensaísta e novelista vasca en lingua española.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Historia pola Universidade de Navarra (1997), ampliou estudos nos Estados Unidos de América, país no que tamén desenvolveu a súa carreira profesional como profesora e investigadora. Cursou unha mestría en Literaturas Hispánicas (1999) e un doutoramento en Literatura Española e Latinoamericana (2003), ambos na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (Carolina do Norte), sendo profesora asociada (1999-2001) desta.

En 2003 trasladouse á College of Arts and Sciences da Universidade de Lehigh (Pensilvania), onde ao longo de trece anos compaxinou o seu traballo de docencia, como profesora asociada (2003-2008), coa xestión académica na dirección do Humanities Center (Centro de Humanidades) (2008-2014) e de Iniciativas Internacionais (2013-2014) do College of Arts and Sciences.[2]

En 2010 cofundou a Asociación Internacional de Literatura y Cine Españoles Siglo XXI (ALCESXXI), sendo vicepresidenta (2010-2016) e membro do consello editorial da Revista de ALCES XXI.

En 2016 finalizou a súa carreira académica nos Estados Unidos e regresou a España, con obxecto de dedicarse por completo á escritura, mediante a publicación de obras de ensaio e novela e a colaboración en medios de comunicación impresos e dixitais, como La Marea, El Correo, El País, RNE e a Cadena SER.

En 2018 recibiu o premio Mellor Libro de Ficción pola súa obra Mejor la ausencia, outorgado polo Gremio de Librerías de Madrid na súa 18ª edición.[3]

Tanto na súa obra como novelista como nos seus ensaios, Edurne Portela aborda e investiga a temática da violencia en diferentes vertentes, desde a violencia vivida na sociedade vasca durante o auxe de ETA[4] (El Eco de los Disparos) á violencia cotiá das relacións tóxicas (Formas de estar lejos).[5][6]

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Portela Camino, Miren Edurne. Displaced Memories: The Poetics of Trauma in Argentine Women Writers. Lewisburg (Pensilvania): Bucknell University Press, 2009. ISBN 978-0-8387-5732-1.
  • Portela Camino, Miren Edurne. El eco de los disparos: cultura y memoria de la violencia. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2016. ISBN 978-84-16734-11-5; ISBN 978-84-16734-34-4.

Novela[editar | editar a fonte]

Artigos científicos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Edurne Portela" (en castelán). Consultado o 2021-03-12. 
  2. "Edurne Portela: «‘Duelo’, de Halfon, es un libro sutil, reflexivo, poético»" (en castelán). 2 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2019. 
  3. Lucas, Miguel Ángel Ortega (23 de novembro de 2018). "Los premios de la comunidad lectora de Madrid". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 24 de novembro de 2018. 
  4. ""La sociedad vasca ha sido silenciosa". Entrevista con Edurne Portela" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  5. Press, Europa (8 de marzo de 2019). "Edurne Portela habla de las relaciones tóxicas en 'Formas de estar lejos': "La violencia siempre produce silencio"". Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  6. Andrés Seoane (2019-03-08). "Edurne Portela: "Hay violencias tan íntimas que a veces ni las reconocemos" | El Cultural" (en castelán). Consultado o 2021-03-12. 
  7. Niebla, Rocío (2021-04-19). "Edurne Portela, escritora: "No poder decirle a tu jefe cuatro cositas por miedo a que te despidan y quedarte en la puta calle también es violencia"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-04-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]