Eduardo Acevedo Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Acevedo Díaz
EduardoAcevedoDiaz.jpg
Eduardo Acevedo Díaz cara ao 1900.
Datos persoais
Nacemento 20 de abril de 1851
Lugar Flag of Uruguay.svg Uruguai, Montevideo
Falecemento 18 de xuño de 1921 (70 anos)
Lugar Flag of Argentina.svg Arxentina, Bos Aires
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Catelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Xornalismo, novela, ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Eduardo Acevedo Díaz, nado en La Unión, Montevideo, o 20 de abril de 1851 e finado en Bos Aires, Arxentina, o 18 de xuño de 1921, foi un escritor, periodista e político uruguaio pertencente ao Partido Nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eduardo Acevedo Díaz.jpg

Fillo de Norberto Acevedo Maturana e Fátima Díaz, seu avó materno, o xeneral Antonio F. Díaz, foi ministro de Manuel Oribe no Goberno do Cerrito; e seu pai Norberto era irmán do notable xurista Eduardo Acevedo Maturana. Entre 1866 e 1868 realiza o bacharelato sendo compañeiro de Pablo de María e Justino Jiménez de Aréchaga na Universidade Maior da República, graduándose de bacharel.

En 1868 asóciase ao Club Universitario no que o seu xenio literario se exhibe brillantemente. Ingresa na Facultade de Dereito en 1869. O 18 de setembro, publica en El Siglo o seu primeiro texto, un tributo a seu avó materno morto seis días antes. En abril de 1870 abandona a Universidade para ingresar no movemento revolucionario de Timoteo Aparicio contra o goberno colorado de Lorenzo Batlle. Cara ao fin da Revolución das Lanzas en 1872 publica no xornal La República o seu primeiro relato, Un sepulcro en los bosques. Asina a manifesto Profesión de fe racionalista en 1872, no que se cifra a crenza na eternidade da alma e nun Deus Supremo; á súa vez asina a Contra Pastoral, texto adverso a un documento do Vigairo católico. A tres meses de concluída a guerra (xullo de 1872), xa en Montevideo, comeza a militar no Partido Nacional.

Escribe para La Democracia en 1873, e crea La Revista Uruguaia en 1875. Desde estes órganos de prensa ataca o goberno de Pedro Varela, o que lle vale o seu primeiro desterro. Tras a fracasada revolución "Tricolor" contra aquel goberno, establécese en Arxentina, onde continúa as súas actividades xornalísticas (en La Plata e Dolores).

Volve a Uruguai, pero as súas críticas a Lorenzo Latorre desde La Democracia obrígano a fuxir a Bos Aires. De regreso en Montevideo funda El Nacional (famoso na historia do xornalismo uruguaio). É elixido senador polo Partido Nacional e intervén na segunda insurrección do caudillo nacionalista Aparicio Saravia, en 1897.

Integrante do Consello de Estado en 1898, afastarase politicamente de Saravia nos anos posteriores, acordando un apoio cada vez máis decidido a José Batlle y Ordóñez, o cal traerá como consecuencia o seu afastamento do Partido Nacional e logo do país (cuestión que explica na súa Carta Política publicada en El Nacional). Batlle encargoulle misións diplomáticas en distintos países de Europa e América, entre 1904 e 1914. Posteriormente, non volverá ao seu país de orixe: faleceu o 18 de xuño de 1921 en Bos Aires, pedindo expresamente que os seus restos non fosen repatriados a Uruguai.

En recoñecemento á súa obra, unha das cadeiras da Academia Nacional de Letras do Uruguai leva o seu nome.

Obras[editar | editar a fonte]

O seu conto El primer suplicio está ambientado na súa experiencia na Revolución das Lanzas. Reconstruíu os anos da loita pola independencia fronte a España e Brasil, así como as primeiras guerras civís (1808-1825), na tetraloxía formada polas novelas Ismael (1888), Nativa (1890), Grito de gloria (1893) e Lanza y sable (1914), con intención de indagar na formación da conciencia nacional. Ecos do romanticismo están aínda presentes nos conflitos amorosos e outros aspectos desas novelas históricas, as mellores entre as súas, e noutras sobre relacións íntimas -Brenda (1886), Minés (1907)-, para atenuarse en Soledad (1894), onde se achegou con obxectividade realista a temas e personaxes de ámbito rural. Entre os seus relatos breves destaca El combate de la tapera. En Épocas militares en el Río de la Plata (1911) reuniu os seus traballos históricos.

Contos[editar | editar a fonte]

  • Un sepulcro en los bosques
  • El combate de la tapera (1892)
  • El primer suplicio(1901)
  • Desde el tronco de un ombú (1902)

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Carta política
  • La civilización americana. Ensayos históricos
  • La última palabra del proscrito
  • Épocas militares en el Río de la Plata (1911)
  • El libro del pequeño ciudadano

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Galmés, Héctor: Correspondencia familiar e íntima de Eduardo Acevedo Díaz (1880-1898), Biblioteca Nacional, 1979.
  • Rodríguez Monegal, Emir: Lanza y sable, Ministerio de Instrucción Pública y Previsión Social, 1965.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eduardo Acevedo Díaz