Distribución editorial galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A distribución editorial en Galicia de libros galegos ou en galego está controlada principalmente por dous grupos. O primeiro e maior chámase Distribucións Arnoia, e controla en exclusiva os títulos das seguintes editoriais (os números referidos son os principais ISBN de cada editorial, e poden verse máis no artigo referido a ISBN):

Ademais, posuía a Librería Cervantes (pechada en 2007) na rúa Policarpo Sanz e a Librería Gran Vía case na Praza de América, as dúas en Vigo.

Ata o 2007, distribuía tamén:

Destas tres, as dúas primeiras pasaron a ser distribuídas polo outro grupo, que é o Consorcio Editorial, que agrupa tamén de sempre a:

Pola súa banda, Ir Indo Edicións pasou a ser distribuída por Torre Libros.

Outras editoras teñen unha distribución propia. É o caso da Editorial Galaxia (7154, 8288) ou outras editoriais de menor tamaño:

Pola contra, Edicións Xerais de Galicia (7507, 8302, 9782) está distribuída pola súa casa matriz, o Grupo Anaya, que tamén controla Editorial Obradoiro (8124), Rodeira-Edebé (8116), Everest (241 e 403), Luis Vives (263), SM (348) e Santillana en Galicia.

Caso á parte é a edición institucional: a Xunta de Galicia (453, 89231) é o principal editor de libros do país, tanto directamente das súas consellerías (Cultura ou Turismo pero tamén Medio Rural ou Industria) coma dos centros relacionados (Consello da Cultura Galega [87172], Museo do Pobo Galego, (CIRP) pero a súa distribución non é tan voluminosa. Tamén hai que contar coa importante edición das deputacións provinciais e dos concellos, así coma as Universidade da Coruña (9749), Universidade de Santiago (7191, 8121, 9750) e Universidade de Vigo (8158), da Real Academia Galega (87987) e da Fundación Pedro Barrié de la Maza (87819, 89748).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]