Economía de Suecia
| Economía de Suecia | |
|---|---|
| Moeda | Coroa sueca |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE, OSCE |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 333,2 mil millóns (2009) |
| Posición do PIB | 35ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | -4,6% (2009) |
| PIB per cápita | $ 36.800 (2009) |
| PIB por sector | agricultura 1,1%, industria 26,6%, comercio e servizos 71,8% (2009) |
| Inflación | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 4,93 millóns (2009) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 1,1%, industria 28,2%, comercio e servizos 70,7% (2008) |
| Desemprego | 9,3% (2009) |
| Industrias | Ferro e aceiro, equipamentos de precisión (rodamentos, radio e partes de teléfono, armamentos), madeira, polpa e produtos de papel, alimentos procesados, vehículos a motor |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 132,8 mil millóns (2009) |
| Produtos de exportación | máquinas, vehículos a motor, produtos de papel, polpa e madeira, ferro e aceiro, produtos químicos |
| Principais mercados | Alemaña 10,4%, Noruega 9,5%, Dinamarca 7,4%, Reino Unido 7,3%, Estados Unidos 6,6%, Finlandia 6,3%, Países Baixos 5,1%, Francia 4,9%, Bélxica 4,4% (2008) |
| Importacións | 121,1 mil millóns (2009) |
| Principais produtos importados | máquinas, petróleo e derivados, produtos químicos, vehículos a motor, ferro e aceiro, alimentos roupas, |
| Principais mercados | Alemaña 17,5%, Dinamarca 9,4%, Noruega 8,5%, Reino Unido 6,2%, Finlandia 5,7%, Países Baixos 5,6%, Francia 5%, Rusia 4,4%, República Popular de China 4,2% (2008) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 669,1 mil millóns (2009) |
| Receitas | 196,9 mil millóns |
| Despesas | 211,4 mil millóns |
A economía de Suecia, país altamente industrializado, é a 35ª maior do mundo. Axudada polo seu pacifismo e neutralidade durante todo o século XX, o país alcanzou un patrón de vida invexable, baixo un sistema mixto de capitalismo e beneficios sociais. Suecia ten un moderno sistema de distribución de renda, un excelente sistema de telecomunicacións interno e co estranxeiro, ademais dunha man de obra ben instruída[1].
A agricultura, antes un sector importante, responde hoxe por pouco máis de 1% do PIB e emprega 2% da man de obra. A industria beneficiase dos grandes recursos económicos do país, como as grandes florestas, os xacementos de ferro e o potencial hidroeléctrico.
O país é membro da Unión Europea, pero en referendo a 14 de setembro de 2003 a súa poboación rexeitou a adopción do Euro como moeda.