Economía de Albania
| Economía de Albania | |
|---|---|
| Moeda | Lek albanés |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 23,33 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 118ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 3,1% (2010) |
| PIB per cápita | $ 7,400 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 18,9%, industria 23,5%, comercio e servizos 57,6% (2010) |
| Inflación | 3,6% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 12,5% (2008) |
| Total da forza de traballo | 1,06 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 47,8%, industria 23%, comercio e servizos 29,2% (2010) |
| Desemprego | 13,5% (2010) |
| Industrias | procesamento de alimentos, téxtiles e roupas, madeira, petróleo, cemento, produtos químicos, minería, metais básicos, enerxía hidroeléctrica |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 1,55 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | téxtiles e calzados, asfalto, metais e minerais metálicos, petróleo bruto, legumes, froitas, tabaco |
| Principais mercados | Italia 50,8%, Kosovo 6,2%, Turquía 5,9%, Grecia 5,4%, República Popular de China 5,5% (2010) |
| Importacións | 4,59 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, alimentos, téxtiles, produtos químicos |
| Principais mercados | Italia 28%, Grecia 13%, República Popular de China 6,3%, Turquía 5,6%, Alemaña 5,6% (2010) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 2,81 mil millóns (2009) |
| Receitas | 3 205 millóns (2010) |
| Despesas | 3 571 millóns (2010) |
En 1985, Albania iniciou tímidas reformas estruturais para pasar dun réxime de economía comunista centralizado e estatizado a un sistema capitalista ao modelo europeo. O programa de reforma económicas intensificouse en 1992 trala eleccións libres que deron punto e final ao modelo económico anterior. As accións de liberalización centráronse en:
- Programa de privatizacións na industria e a agricultura.
- Reforma do sector financeiro.
- Reformas lexislativas que permitían unha economía de mercado.
- Liberalización dos intercambios comerciais no interior e co exterior
- Réxime fiscal novo.
- Política monetaria de control do déficit orzamentario.
Aínda hoxe, a Albania é un dos países máis pobres de Europa, coa metade da poboación activa traballando na agricultura e un quinto traballando no estranxeiro. A súa transición a unha economía moderna ten sido máis difícil que seus outros veciños dos Balcáns. O crecemento económico nos últimos anos ten sido en media 5% ao ano, e a inflación encontrase baixa e estable[1].
O goberno ten tomado medidas para combater os crimes violentos e recentemente adoptou medidas para reducir a economía informal e atraer o investimento[1]. O país enfróntase tamén a un alto desemprego e corrupción até nos niveis máis altos do goberno.
O seu total de exportacións é moi inferior en valor que o total de súas importacións. Os principais parceiros comerciais son Grecia e Italia.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 The World Factbook. Consultado o 28 de abril de 2011
- ↑ https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/rankorder/2001rank.html